Diferenzas entre revisións de «Solidariedade (Polonia)»

sen resumo de edición
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
A historia de Solidarność, como [[sindicato]] [[Organización non gobernamental|non gobernamental]] polaco, comeza en agosto de [[1980]] nos [[Estaleiros Gdańsk|estaleiros de Gdańsk]], onde [[Lech Wałęsa]] xunto a outros oito obreiro fundaron o sindicato [[clandestinidade|clandestino]] Solidariedade cuxa principal demanda era a constitución de sindicatos libres (como existían desde moito atrás na antiga [[Iugoslavia]], e intentaron facer en [[1968]] en [[Checoslovaquia]], durante a [[Primavera de Praga]]) e autónomos do [[partido]] e do [[goberno]]. A comezos dos anos 1980, Solidariedade converteuse no primeiro sindicato independente nun país do [[Bloque soviético]]. Solidariedade deu lugar a un amplo [[movemento social]] [[anticomunismo|anticomunista]] e [[non violencia|non violento]], no seu maior auxe, uniu aproximadamente a 10 millóns de membros e contribuíu infinitamente á [[Revolucións de 1989|caída do comunismo]] na [[Bloque do leste|Europa do leste]].
 
O sindicato Solidarność caracterizouse pola gran militancia [[obreiro|obreira]] [[catolicismo|católica]] e pola súa tenaz loita contra o [[autoritarismo]] [[comunismo|comunista]]. A [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]], encabezada polo cardeal polaco [[Karol Józef Wojtyła|Wojtyła]], comprendeu á súa vez as posibilidades que se abrían para contrarrestar ao goberno comunista.
 
[[Ficheiro:Monument_to_the_Fallen_Shipyard_Workers_of_1970_in_Gdańsk,_Poland.jpg|miniatura|[[Gdansk]]- [[Monumento aos traballadores dos estaleiros caídos 1970|Monumento aos caídos nas protestas de Dic. 1970]]]]
67.984

edicións