Hugonotes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
==Historia==
Un dos primeiros organizadores da reforma foi o propio [[Xoán Calvino]] quen dedicou a súa obra fundamental ''A Institución da Relixión Cristiá'' a [[Francisco I de Francia]]. Consecuentemente, os hugonotes crían na salvación por pura [[Graza]], sen mérito por parte do redimido, na autoridade única da [[Biblia]], rexeitaban a Tradición e ás dignidades e ordes eclesiásticas e practicaban unha moral rigorosa fronte o que consideraban unha relaxación dos costumes por parte da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa católica]]. O desenvolvemento destas ideas tivo lugar no Sínodo de París en [[1559]] e foron presentadas a [[Francisco II de Francia]].
 
O avance das novas crenzas callou entre burgueses e algúns nobres e as consecuencias non tardaron en chegar. O ''asunto dos cartaces'' (''affaire des placards'') aldraxando a [[eucaristía]] católica e que chegou á propia cámara real acabou coa protección do católico Francisco I en [[1534]]. Este considerou a acción como un delito de lesa maxestade. As represións por parte da monarquía foron moi duras e se prolongaron no tempo con incidentes que derivaron en sanguentos episodios. Salientou a [[matanza do día de San Bartolomeu]] que se espallou por [[París]], [[Tolosa, Francia|Tolosa]], [[Orleans]], [[Rouen]], [[Bourges]].