Medina Sidonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*Algeciras>Alxeciras
Sen resumo de edición
Liña 143:
No [[século -III|século III a.C.]] os romanos ocuparán todo o territorio peninsular que anteriormente estaba en mans dos [[Cartago|cartagineses]]. En torno ao [[século I]] construirase un novo núcleo urbano que ocupará todo o espazo do que hoxe é o Conxunto Histórico. Por concesión de [[César Augusto]], a cidade promociona o seu anterior status municipal e convértese en colonia con dereito romano (''civitas optimo jure''). Era coñecida polo nome de ''Asido'', ''Caesarina'', ou de forma completa como [[Asido Caesarina Augusta]]. Estaba situada na [[Baetica|Provincia Ulterior Bética]], pertencendo ao convento xurídico ''Hispalensis'' (con capital en [[Hispalis]]).
 
Na Hispania visigoda foi capital de provincia e tamén sede episcopal da [[Igrexa Católica Romana|igrexa católica]], entón coñecida como [[Asidona]], sufragánea da [[Arquidiocese de Sevilla]] que comprendía a antiga provincia romana de [[Bética]] na [[diocese de Hispania]].
 
No ano 712 a cidade é conquistada polo militar [[musulmán]] [[Musa ibn Nusayr|Musa]], converténdose así nun dos primerios territorios ocupados durante a invasión musulmá da [[Península Ibérica]]. Foi capital da [[Cora (división territorial)|cora]] musulmá denominada [[Cora de Sidonia]] (tamén coñecida como ''de Saduna''). [[Afonso X o Sabio]] reconquistou a cidade o [[22 de setembro]] de [[1264]], pasando a ocupar a liña fronteiriza contra o [[Reino de Granada|Reino nazarí de Granada]], motivo polo cal aparece nalgún documento medieval coa denominación "de la Frontera".