Monotelismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''monotelismo''' é unha doutrina cristiá que defende que en [[Xesús de Nazaret]] só existe unha única vontade: a divina. Está considerada como unha [[herexía]] pola [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] e a [[Igrexa Ortodoxa]]. Emperadores bizantinos como [[Heraclio]] ou [[Constantino II]] impuxeron esta idea como medio para achegar aos monofisitas da [[Igrexa Siríaca]] e da [[Igrexa Ortodoxa Copta]] á autoridade imperial, nun momento en que a ameaza persa do [[Imperio Sasánida]] precisaba da máxima cohesión interna. Pouco despois, a expansión dos exércitos do [[Islamislam]] facía necesaria a unidade de fe para sustentar a lexitimidade dun único poder no [[Imperio Bizantino]]. Moitos monofisitas abrían as portas ás forzas árabes como liberadores fronte a tiranía de [[Constantinopla]].
 
==O debate==