Diferenzas entre revisións de «Montanismo»

sen resumo de edición
O '''montanismo''' é un movemento apocalíptico dentro do [[cristianismo]] primitivo fundado na segunda metade do século II por [[Montano]] <ref> Ehrman, Bart D. ''Los cristianismos perdidos. Los credos proscritos del Nuevo Testamento''. Ed. Ares y Mares, Barcelona, 2004 pp 224-226. ISBN 978-84-9892-042-0</ref>. Oriundo de [[Frixia (rexión)|Frixia]], foi considerado un [[profeta]] polos seus seguidores. Defendía unha moral rigorosa e rexeitaba a penitencia como porta de volta á [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]]. Esta debía estar pechada para os que, tras o [[bautismo]], foran pecadores ou febles. Xunto coas profetisas Prisca e Maximila pronunciou os ''oráculos montanistas''.
 
Os montanistas acusaban dunha moral flexible á xerarquia eclesiástica obediente a [[Roma]] e aos cristiáns fieis ao [[Papa]] tachábanos como cristiáns meramente ''psíquicos'', mentres eles eran animados pola forza auténtica do alento de Deus e se consideraban ''pneumáticos''<ref> Laporte, Jean, ''Los Padres de la Iglesia''. Ed. San Pablo. Madrid, 2004, pax 734 e 735. ISBN 84-285-2541-2</ref> . Agardaban a inminente manifestación do [[Espírito Santo|Espírito]] e o descendemento da [[Xerusalén]] celeste. Adquiriron gran prestixio cando un dos [[Pais da Igrexa]], o respectado [[Tertuliano]], se adheriu a esta corrente.
70.700

edicións