Estados Pontificios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Sen resumo de edición
Liña 74:
== Orixe ==
 
Desde que se instituíu a [[sé episcopal]] de Roma, os fieis, e en maior medida os [[Emperador romano|emperadores cristiáns]], foron doando á [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]] romana cuantiosos bens territoriais, algúns deles constitutivos de importantes extensións de terreo. Estas posesións, máis outras de carácter inmóbel, viñeron a integrar o que se coñeceu como ''[[Patrimonio de San Pedro]]'', e estiveron diseminadas por toda Italia e incluso fóra dela. A súa administración, aínda que non converteu inicialmente aos [[papa]]s en xefes de Estado, conferiulles non obstante auténticas prerrogativas civís e políticas recoñecidas pola [[Xustiniano I|Pragmática Sanción de 554]] promulgada polo emperador [[Xustiniano I]] (unha vez que, trala conquista de [[Belisario]], Roma volvía a estar baixo a soberanía dos emperadores, tras o interregno [[hérulos|hérulo]] e [[ostrogodos|ostrogodo]]), entre outras a de posuír unha forza militar que chegou a constituír un respectábel exército posto en acción en múltiples ocasións, en non poucas baixo o mando do propio pontífice-caudillo. Doutra banda, moitos dos papas procedían das clases dominantes romanas e exerceron simultaneamente o cargo episcopal e o de gobernante civil da ''Cidade Eterna''. Tal foi o caso de [[Gregorio I, papa|Gregorio I Magno]] ([[590]] – [[604]]), home afeito no desempeño de funcións políticas pois ostentara anteriormente o cargo de prefecto da propia cidade (''prefectus Urbis'') e pertencía a unha familia de [[patricios]] romanos.
 
== Creación dos Estados Pontificios ==
Liña 92:
Roma viuse ameazada polos [[longobardos]], cuxo exército cercou a cidade mentres o papa [[Estevo III, papa|Estevo III]] <ref> A numeración deste papa é controvertida: hai quen defende que houbo un papa Estevo II distinto deste e que, polo tanto, este sería Estevo III (criterio que se seguiu na Galipedia), outros defenden que ese papa non debe contar, co que este sería Estevo II, ver o artigo [[Estevo II, papa]]. </ref> solicitaba inutilmente axuda ao [[Emperador bizantino|emperador de Bizancio]].
Denegado o auxilio bizantino, o papa pediu a Pipino unha intervención urxente.
O rei franco realizou dúas incursións en Italia, forzou aos longobardos a abandonaren o asedio de Roma e obrigounos a devolver as súas conquistas. Finalizado o conflito, os territorios situados na [[Romaña]] e as [[Marcas]] non foron restituídos ao control de [[Bizancio]], senón que foron conferidos ao papa - ''[[doazón de Pipino]]'', no ano [[756]] -, como lexitimo representante do poder imperial. Este tratado destrúe aos longobardos, e pola súa vez permitiu a constitución do Estado Pontificio independente de todo poder temporal e base do futuro poder da [[Igrexa Romana]].
 
Pero os Estados da Igrexa non se orixinan ata o pontificado de Estevo III, sobre 752. A titoría do [[Imperio Bizantino]] sobre Roma e a súa sede pontificia estaba declinando desde principios do [[século VIII]]. O distanciamento respecto ao [[imperio de Oriente]] fíxose cada vez máis patente e profundo con visos de auténtica ruptura, como cando o papa [[Constantino, papa|Constantino]], enfrontándose ao emperador [[Filípico|Filípico Bardanes]], ao que acusou de [[herexe]], chegou a dirixir as súas armas contra o [[Títulos e cargos do Imperio Bizantino|exarca]] bizantino. Naquel clima de tensión, sendo de temer a ofensiva do [[longobardo]] [[Aistolfo]] contra Roma tras terse apoderado este de [[Rávena]], o papa Estevo acode, en demanda de socorro, aos [[francos]]. O seu rei, [[Pipino o Breve]], préstallo mediante o [[Tratado de Quierzy]]. A intervención dos francos calmou a Astolfo, quen aceptou traspasar Rávena á «República Romana». Pero retirados aqueles, o rei longobardo incumpriu o seu compromiso e, por riba, puxo sitio a Roma. Nova chamada do papa ao recente protector franco e nova acción deste no seu auxilio. Sometidos, por fin, os longobardos coa intervención de Pipino, este fixo entrega ao papa do antigo [[exarcado de Rávena]] (Rávena, [[Ferrara]], [[Boloña]], ...), da [[Pentápole]] (bispados de [[Rímini]], [[Pesaro]], Fano, Senigallia e [[Ancona]]) e da rexión de Roma, conferindo ao sumo pontífice o dominio temporal dun estado que, con algunhas variacións xeográficas, había de perdurar durante máis de once séculos, ata [[1870]]. Non obstante, nun intento de extraer maior proveito político, Estevo III exhibiu un apócrifo documento convenientemente falsificado pola propia [[Curia]] romana, e supostamente achado tres anos antes, que deu logo en chamarse ''«[[Doazón de Constantino]]»''. Segundo este simulado protocolo (de cuxa falsidade hoxe non existe ningunha dúbida, pois xa quedou demostrada no [[século XV]]), [[Constantino I o Grande]] cedería ao papa [[Silvestre I, papa|Silvestre I]], para si e os seus sucesores, non xa o palacio de [[San Xoán de Latrán|Latrán]], o que en efecto fixo, senón a posesión de toda [[Italia]] e a dignidade imperial. Pipino non caeu na trampa da ambición papal.