Spyker F1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
categorias
Elisardojm (conversa | contribucións)
*casilleiro>palmarés
Liña 51:
Pero malas novas para a escudería dos [[Países Baixos]] chegaban na derradeira semana de agosto de dous frontes diferentes: no deportivo, o día 23 sabíase que a evolución B-Spec do [[Spyker F8-VIII]] non era capaz de pasa-lo [[crash test da FIA]] de colisión traseira {{Cómpre referencia}}, polo que non puido debutar no [[Gran Premio de Turquía de 2007|GP de Turquía]], como estaba previsto<ref>{{Es}} [http://f1.gpupdate.net/es/noticias/2007/08/23/spyker-retrasa-debut-b-spec/ Spyker retrasa debut do B-Spec en gpupdate.net]</ref>. E no fronte financeiro, o día 28, de novo o xornal [[AD]] publicaba que a empresa de seguros [[Zurich Financial Services|Zurich]] e un particular presentaron unha demanda de quebra nun tribunal de [[Maastricht]], [[Países Baixos]], reclamando ámbalas dúas partes unha débeda de 300.000 euros<ref>{{Es}} [http://f1.gpupdate.net/es/noticias/2007/08/28/dos-empresas-demandan-a-spyker/ Dúas empresas demandan a Spyker, en gpupdate.net]</ref>, nova á que a escudería amosábase ''"sorprendida"''<ref name="quebra">{{Es}} [http://f1.gpupdate.net/es/noticias/2007/08/28/spyker-sorprendido-con-historia-de-quiebra/ Spyker, sorprendido con historia de quebra, en gpupdate.net]</ref>, recoñecendo problemas coa aseguradora por mor, en palabras dun portavoz do equipo, dunha ''"factura moito máis elevada do que esperaban"''<ref name="quebra" />, e asegurando que ''"non tiñan nin idea"'' de quen podía se-lo particular<ref name="quebra" />.
 
No [[Gran Premio de Xapón de 2007|GP de Xapón]], [[Adrian Sutil]] conseguía o que era tanto o seu primeiro punto en Fórmula 1 como o da escudería, cando o piloto de [[Scuderia Toro Rosso]] [[Vitantonio Liuzzi]], que rematara oitavo, era penalizado con 25 segundos engadidos ó tempo final de carreira por adiantar ó propio Sutil baixo bandeiras amarelas {{Cómpre referencia}}, deixándolle así o seu posto na clasificación final ó alemán, que rematara noveno<ref>{{Es}} [http://f1.gpupdate.net/es/noticias/2007/09/30/spyker-y-sutil-estrenan-casillero-en-la-f1/ Spyker e Sutil estrean casilleiropalmarés na F1, en gpupdate.net]</ref>.
 
=== A venda de Spyker F1 ===