Pecado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Sen resumo de edición
Liña 9:
 
===Cristianismo===
Na [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] o pecado é un acto, intención ou actitude libre do ser humano que supón faltar ao amor para con Deus e para co próximo, a causa dun apego perverso a certos bens. Fire a natureza do home, imaxe de [[Deus]] e chamado ao [[Amor]], e atenta contra a solidariedade humana. A raíz do pecado está no corazón do home cuxa natureza caída está ferida polo [[pecado orixinal]] que limita e atenaza o amor que reside nel e que é o principio das obras boas.
 
A Igrexa católica distingue dous tipos de pecado: o pecado mortal que destrúe o amor no corazón do home por unha infracción grave con plena conciencia e deliberado consentimento contra a orde querida por Deus, que é Amor. E o pecado venial que fire e debilita o amor pero deixándoo subsistir. O pecado mortal é unha posibilidade radical e dramática da [[liberdade]] do home.