Diferenzas entre revisións de «Paulo VI, papa»

sen resumo de edición
(agora faise en d:Wikidata)
|imaxe = Paolovi.jpg
|título =Papa
|igrexa = [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]]
|cargo principal=Bispo
|diocese = [[diocese de Roma|Roma]]
|ch = montini
|}}
'''Giovanni Battista Montini''', nado en Concesio ([[Lombardía]]) o [[26 de setembro]] de [[1897]] e morto en [[Castel Gandolfo]], o [[6 de agosto]] de [[1978]], foi o [[Papa]] número 262 da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] co nome de '''Paulo VI''' (en [[latín]]: ''Paulus PP. VI'').
 
==Traxectoria==
===Papado===
{{PapS-XX}}
A morte de Xoán XXIII deixoulle ó seu sucesor a difícil tarefa de levar adiante o [[Concilio]] e aplica-las súas innovacións á vida da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]]. Para esa tarefa foi elixido Montini en [[1963]], 18 días despois da morte do seu predecesor e a el correspondeulle a apertura da segunda sesión do Concilio Vaticano II o [[29 de setembro]] de [[1963]] e as seguintes sesións ata a súa posta en marcha a partir do [[7 de marzo]] de [[1965]]. O seu pontificado, por tanto, estivo marcado pola concreción do espírito do Concilio na renovación e modernización da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa católica]] e das súas ensinanzas, reestruturou as institucións vaticanas, internacionalizou o [[Sacro Colexio Cardenalicio]] reducindo o predominio abrumador dos italianos, descentralizou o poder papal para impulsar unha maior colaboración dos fieis na vida da Igrexa, viaxou por todo o mundo para redobrar a presenza pública da Igrexa e deu un novo impulso ó diálogo ecuménico coas restantes confesións cristiás.
 
As [[encíclica]]s de Paulo VI amosaron a preocupación da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa católica]] por problemas do mundo moderno como o subdesenvolvemento (Populorum progressio, 1967) ou o control da natalidade (''[[Humanae vitae]]'', 1968); pero demostraron tamén a moderación da apertura que producira o Concilio Vaticano II: en contraste co impulso utópico e progresista de Xoán XXIII, Paulo VI amosouse máis conciliador, pragmático e conservador. Así, por exemplo, a incorporación dos fieis á vida da Igrexa non se levou ata as súas últimas consecuencias, e Paulo VI negouse a altera-lo sistema tradicional de elección dos papa para evitar que o conclave se convertese nunha especie de parlamento democrático (1975).
 
Este conservadorismo non impediu o [[cisma]] dun grupo de católicos integristas franceses encabezados por [[Marcel Lefebvre]], defensores da misa en [[latín]] e doutras doutrinas preconciliares (1976).
70.676

edicións