Miofibrila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 9:
[[Ficheiro:Myosine.gif|esquerda|350px|miniatura|Porción terminal da molécula de miosina, na que se ven as cabezas globulares responsables da contracción muscular.]]
 
As miofibrilas están formadas por filamentos proteicos chamados [[miofilamento]]s, que poden ser finos ou grosos. Na [[fibra muscular estriada esquelética]] as miofibrilas constan dun paquete de miofilamentos, son paralelas e esténdense lonxitudinalmente por toda a célula. Nas miofibrilas obsérvase unha sucesión de bandas claras e escuras. Os filamentos finos da miofibrila están formados pola proteína [[actina]], que forma as bandas I claras. Os filamentos grosos están formados pola proteína [[miosina]], que forma as bandas H escuras. Hai zonas onde ambos os miofilamentos se superpoñen, que son as bandas A. O patrón repetido de bandas ao longo da miofibrila mostra que están formadas por agrupacións de filamentos chamdaos [[sarcómero]]s, situados un detrás doutro todo ao longo da miofibrila. O esvaramento dos miofilamentos finos e grosos no sarcómero é a causa da contracción muscular.
 
Os '''miofilamentos finos''' teñen 1 [[micrómetro|μm]] de lonxitude e están formados por dúas fibras entrelazadas de actina filamentosa ou actina F, que son filamentos formados por subunidades de actina globular ou actina G. Ademais da actina, os miofilamentos finos teñen outras dúas moléculas de proteína que son a [[tropomiosina]], situada nos sucos da actina F, e a [[troponina]], complexo proteico con capacidade de unirse ao Ca<sup>2+</sup>. A tropomiosina e a troponina interveñen na regulación das [[Contracción muscular|contraccións musculares]].