Reconquista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 44:
O reino de Asturias era inicialmente de carácter indíxena e foi sometido nas súas últimas décadas a unha sucesiva gotificación debida ós inmigrantes de cultura hispanogoda fuxidos ao reino cristián do norte. Así mesmo, foi un referente para parte do espazo cultural europeo coa batalla contra o [[adopcionismo]]. O reino estivo por épocas moi vinculado ao dos francos, sobre todo a raíz do "descubrimento" do sepulcro do [[Santiago o Maior|apóstolo Santiago]]. Esta idea "propagandista" conseguiu vincular á Europa cristiá co pequeno reino do norte, fronte a un Sur islamizado.
 
O [[Reino de Asturias]] tivo varias escisións. A primeira á morte do rei [[Afonso III o Magno]], que repartiu os seus dominios entre tres dos seus cinco fillos, [[García I de León|García]], [[Ordoño II|Ordoño]] e [[Froila II|Froila]]. Estes dominios incluían, ademais de Asturias, o [[reino de León|condado de León]], o de [[reino de Castela|Castela]], o de [[reino de Galicia|Galicia]], a marca de [[ArabaÁraba]] e a de [[Portugal]] (que entón era só a fronteira sur de Galicia). [[García I de León|García]] quedou con León, ArabaÁraba e Castela fundando o [[Reino de León]]. [[Ordoño II|Ordoño]] quedouse Galicia e Portugal, e [[Froila II de León|Froila]] quedouse Asturias.
 
=== As campañas francas e a Marca Hispánica ===