Bufarda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 6:
 
== A bufarda en Galicia ==
A bufarda é común na [[arquitectura popular]] galega onde se define coma unha simple fenda feita no muro, que adoita posición vertical ou horizontal (nalgúns casos pode ir redondeada), enmarcada con dúas coidadas pezas de [[granito]]. A súa función é a de dar ventilación a espazos destinados a [[Corte (do gando)|cortes]], [[Adega (de viño)|adegas]] e almacenamento, que nalgunhas ocasións se tapan con fachucos de palla. Coma ocorre con todos [[Van (connstruciónconstrución)|vans]] das casas, aínda que o muro sexa de cachotes, estes van arrodeados por pezas de cantaría. Non adoitan posuír vidros ou [[contraventá|contras]], de feito o su tamaño é mínimo para que non entre frío nas cortes permitindo que ventilen.
 
Recibe tamén os nomes de '''bufarra, bufarro, fachal, fachineiro''' e '''fachinelo'''<ref>[http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=bufarda&sinom=0&homonimo= Sinónimos en Portal das Palabras da [[RAG]].]</ref>. Ás veces o termo é moi próximo ao de [[biolo]] (ou claraboia); tamén ao de [[lucernario]] (ou mansarda); e tamén ao de [[troneira]], cos que pode ser sinónimo<ref>''Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura'', Vigo, COAG-Concello de Vigo, 1998</ref>.