Abrir o menú principal

Cambios

 
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
[[Ficheiro:Marilyn Monroe Birth Certificate.jpg|miniatura|220px|Certificado de nacemento de Marilyn Monroe, nacida como Norma Jeane Mortenson en 1926.]]
A súa nai foi Gladys Pearl Baker (de apelido de nacemento Monroe, nada o 27 de maio de 1902 e finada o 11 de marzo de 1984)<ref>Riese and Hitchens, p. 33.</ref>, quen casou co [[Noruega|noruegués]] Edward Mortenson e, pouco despois de separarse, descubriu que estaba embarazada.<ref name=Summers5>Summers, p. 5</ref> O [[1 de xuño]] de [[1926]] naceu nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] a súa filla Norma Jeane Mortenson, segundo consta no rexistro civil para que non fora ilexítima, e chamada Norma Jean Baker na práctica.<ref>Churchwell, pp. 150-151</ref><ref name=ref_duplicada_1>Churchwell, p. 151</ref> Gladys, que traballou como cortadora de [[Negativo fotográfico|negativos]] na produtora de cine [[RKO Pictures]],<ref name=ref_duplicada_1 /><ref name=Summers5 /> non podía manter á súa filla por problemas económicos e emocionais e deixouna ao coidado dun matrimonio adoptivo: Albert e Ida Bolender, residentes enn [[Hawthorne, California|Hawthorne]] ([[California]]).<ref name="Tío">{{cita web |url= http://benhechtbooks.net/ben_hecht__marilyn_monroe |título= 'A Ghost Materialized - Ben Hecht Finally Credited on Marilyn Monroe's Memoir |dataacceso= 30 de maio 2009 |autor= Snickersnee Press |lingua= inglés}}</ref> Cando Gladys puido conseguir unha casa propia levou consigo a Norma Jeane, pero isto só durou uns meses, debido aos devanditos problemas emocionais e deixou a súa filla a cargo da súa mellor amiga, Grace McKee.
 
=== Carreira ===
Logo de actuar en pequenos papeis durante anos, foise facendo coñecida pola súa [[sensualidade]], e a súa misteriosa morte aos 36 anos chegouna a converter nun mito [[Erotismo|erótico]] e nunha icona popular. Foi tamén unha cantante non particularmente dotada pero cun timbre vocal que fascinaba ao oínte; os seus éxitos están case todos inseridos no contexto dos seus [[filme]]s, como ''My Heart Belongs To Daddy'' de [[Cole Porter]].
==== Ingreso no medio artístico e estrea no cine (1944-1947) ====
[[Ficheiro:MarilynMonroe - YankArmyWeekly.jpg|miniatura|esquerda|Marilyn Monroe traballaba como técnico na fábrica de municións [[Radioplane]] cando foi fotografada no seu traballo para a revista'' Yank, the Army Weekly'', en 1944.]]
Mentres traballa na fábrica, un fotógrafo retratouna no seu posto de traballo. Sen sabelo, desubrira á que despois sería Marilyn Monroe. Ela, pola súa parte, logrou traballar como modelo e foi portada de ducias de revistas.<ref name="Monroe" /><ref name=Summers5 /> Mais o seu traballo como modelo era algo que non gustaba ó seu marido e este obrigouna a elixir entre o seu matrimonio ou a súa carreira. En [[1946]], Norma divórciase e preséntase a varios ''castings''. Foi contratada por un dos executivos da ''[[20th Century Fox]]'' para traballar como extra de cine durante seis meses.<ref>Riese e Hitchen, p. 288</ref> Foi el quen lle propuxo o nome artístico de Marilyn Monroe: Marilyn pola actriz [[Marilyn Miller]] e Monroe por ser o apelido de solteira da súa nai. Nos seus primeiros papeis interpretou a unha telefonista no musical ''The Shocking Miss Pilgrim'' e a unha camareira en ''Dangerous Years''. A escasa aceptación que estes filmes recibiron da crítica e do público fixeron que o seu contrato non fose renovado en [[1947]].<ref>Summers, p. 27</ref>
 
==== Contrato con Fox e revelación como actriz (1949-1952) ====
En [[1948]], Monroe asinou un contrato semestral con ''[[Columbia Pictures]]'' para interpretar á bailarina Peggy no musical ''Ladies of the Chorus''.<ref>Summers, p. 38</ref> O filme non tivo moito éxito, polo que o seu contrato foi rescindido. Porén, a partir de entón só apareceu en filmes producidos pola ''[[20th Century Fox]]'', despois de asinar un novo contrato a seis anos en [[1949]].<ref>Summers, p. 43</ref><ref name=Summers45>Summers, p. 45</ref> Participou cun breve papel na comedia ''[[Love Happy]]'' dos [[Irmáns Marx]], e en [[1950]] interpretou a Angela, a amante dun avogado, no filme policíaco ''[[The Asphalt Jungle]]''.<ref>Staggs, p. 92</ref> Nese mesmo ano, tamén participou en ''[[All About Eve]]'', protagonizada por [[Bette Davis]], onde interpretou a Claudia Caswell, unha actriz de [[teatro]]. Por ámbalas dúas interpretacións recibiu críticas positivas.<ref>Riese e Hitchens, p. 228</ref>
 
En febreiro de [[1951]], inscribiuse nas clases nocturnas de [[arte]] e [[literatura]] da [[Universidade de California]]. Nese ano interpretou papaeis secundario en varios filmes de baixo orzamento como ''Home Town Story'', ''As Young as You Feel'' e ''Love Nest''.<ref name=Summers58>Summers, p. 58</ref> As perspectivas da súa carreira comezaron a mellorar cando actuou ás ordes de [[Fritz Lang]] en ''[[Clash by Night]]'' ([[1952]]), cun elenco que incluía a [[Barbara Stanwyck]], [[Paul Douglas]] e [[Robert Ryan]]. Novamente recibiu boas críticas, e pouco despois actuou en ''We're Not Married'', comedia onde traballou xunto a [[Ginger Rogers]] e [[Zsa Zsa Gabor]], e en ''Don't Bother to Knock'', un thriller onde interpretaba a unha neneira perturbada á que vixía [[Richard Widmark]]. Foi o seu primeiro papel protagonista, pero non obtivo o éxito agardado. En ''Monkey Business'', dirixida por [[Howard Hawks]], actuou con [[Cary Grant]] e [[Ginger Rogers]],<ref name="RieseandHitchens132">Riese e Hitchens, p. 132</ref><ref>Riese e Hitchens, p. 336</ref> amosando, por primeira vez, a que sería a súa imaxe definitiva: melena curta ondulada nun loiro platino. Poucos anos antes, sometérase a unha [[rinoplastia]].
 
== Vida persoal ==
189.161

edicións