Taenia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 35:
[[Ficheiro:Desiccated tapeworm proglottids.jpg|miniatura|Un par de proglótides desecadas, que parecen sementes de [[sésamo]] e que conteñen moitos ovos.]]
 
O ciclo de vida empeza cando se liberan polas feces ovos ou proglótides grávidas cheas de ovos. Os ovos libres ([[embrióforo]]s) levan [[oncosfera]]s (tamén chamados embrións hexacantos). Os ovos son resistentes e duran de días a meses no medio ambiente. Algunhas veces, como pasa en ''T. saginata'', eses segmentos (proglótides ou cadeas de proglótides) son aínda móbiles despois da excreción, baleiran os seus ovos en poucos minutos ou, nalgunhas especies, retéñenos agrupados e agardan á chegada dun hóspede vertebrado axeitado. O hóspede intermediario (gando, porcos, roedores, etc., segundo a especie de verme) debe despois inxerir os ovos ou as proglótides. Se o hóspede é da especie correcta, o [[embrióforo]] eclosiona, e os embrións [[hexacanto]]s invaden a parede do [[intestino delgado]] do hóspede intermediario para viaxar despois ao [[músculo esquelético|músculo estriado]] onde se desenvolven como larvas [[cisticerco]]s. Alí crecen, e diferéncianse nesta forma larvaria que parece unha vesícula (e creuse erradamente ata mediados do [[século XIX]] que era outra especie de parasito), que é infecciosa para o hóspede definitivo en canto desenvolva un escólex invaxinado (protoescólex). Para continuar o proceso, o hóspede definitivo debe comer carne mal cocida ou crúa do hóspede intermediario. Unha vez que está no hóspede definitivo, a vesícula é dixerida, o [[escólex]] insírese na parede intestinal, e o colo empeza a producir segmentos que formarán o corpo do verme ou estróbilo. Aparecen novos ovos nas feces do hóspede definitivo xeralmente de seis a nove semanas despois, e o ciclo volve a repetirse.
 
''Taenia saginata'' ten unhas 1.000-2.000 proglótides e cada unha das proglótides grávidas contén 100.000 ovos, mentres que ''Taenia solium'' ten unhas 1.000 proglóties e cada proglótide grávida ten 60.000 ovos aproximadamente.<ref name=dpd>http://www.dpd.cdc.gov/DPDx/</ref>