Lingua minorizada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Lingua minorizada''' é un termo da [[Sociolingüística]] que fai referencia a calquera lingua que, compartindo espazo xeográfico con outra ou outras, ten usos restrinxidos. Son aquelas que, sendo historicamente propias dun pobo, ven restrinxidas as súas funcións de uso. Unha das razóns que poden levar a unha situación de minorización é un proceso de [[substitución lingüística]], pero na maior parte dos casos as linguas minorizadas nunca chegaron historicamente a desenvolver eses rexistros e usos. A competencia desigual con outra lingua de maior prestixio constitúe o factor desencadeante desta situación.

Tradicionalmente denominóuselles a estas linguas ''minoritarias'', pero ese é un valor erróneo, posto que a minorización non depende do número de falantes, senón do status do que goce a lingua.
 
A minorización lingüística pode ter causas predominantemente políticas, que se expresan nas normas de uso lingüístico explícitas (por exemplo os decretos de [[Nova Planta]] nos [[Países Cataláns]] que crearon as circunstancias que permitiron a prohibición do uso do [[lingua catalá|catalán]] nos ámbitos oficiais), ou sociais, expresadas na conciencia ou representación social, que pode impedir a [[normativización]] ou a codificación e o cultivo da lingua (por exemplo, a clase alta prefire e impulsa o francés en [[Luxemburgo]] e acaba impedindo o desenvolvemento do idioma [[luxemburgués]]).