Lingua minorizada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Modificado "se lles denominou" por "denominóuselles". Hai que ter ollo coa colocación do pronome en lingua galega!
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Lingua minorizada''' é un termo da [[Sociolingüística]] que fai referencia a calquera lingua que, compartindo espazo xeográfico con outra ou outras, ten usos restrinxidos. Unha das razóns que poden levar a unha situación de minorización é un proceso de [[substitución lingüística]], pero na maior parte dos casos as linguas minorizadas nunca chegaron historicamente a desenvolver eses rexistros e usos. Tradicionalmente denominóuselles a estas linguas ''minoritarias'', pero ese é un valor erróneo, posto que a minorización non depende do número de falantes, senón do status do que goce daa lingua.
 
A minorización lingüística pode ter causas predominantemente políticas, que se expresan nas normas de uso lingüístico explícitas (por exemplo os decretos de [[Nova Planta]] nos [[Países Cataláns]] que crearon as circunstancias que permitiron a prohibición do uso do [[lingua catalá|catalán]] nos ámbitos oficiais), ou sociais, expresadas na conciencia ou representación social, que pode impedir a [[normativización]] ou a codificación e o cultivo da lingua (por exemplo, a clase alta prefire e impulsa o francés en [[Luxemburgo]] e acaba impedindo o desenvolvemento do idioma [[luxemburgués]]).