Diferenzas entre revisións de «Husky siberiano»

sen resumo de edición
m (→‎Saúde: arranxiño)
Esta raza presenta un acusado parecido co [[lobo]]. De mediano tamaño, pode pesar entre 16 e 29 [[quilo]]s e medir de 51 a 60 [[centímetro]]s de altura. Orixinalmente foi criado pola tribo [[Chukchi]], na que se utilizaba como can de compañía, para pastorear os [[cervo]]s, tirar das [[zorra]]s e manter quentes os nenos. Na actualidade pode atoparse en calquera parte do mundo.
 
Foron levados a [[AlaskaAlasca]] desde o ano [[1908]] e continuamente durante dúas décadas debido á [[febre do ouro]]. Foron empregados para tirar das zorras, e especialmente para a carreira [[All-Alaska Sweepstakes]], que comprendía 657 km desde [[Nome]] até [[Candle]], ida e volta. De menor tamaño, máis rápidos e de maior resistencia que os cans comúns (de entre 45 e 54 kg), os siberianos inmediatamente dominaron a carreira.
 
Naquela época a gran maioría de femias eran sacrificadas ao nacer, e unicamente conseguían sobrevivir aquelas que presentaban unha gran vitalidade, xa que eran utilizadas para a reprodución. Os machos que nacían tamén tiñan que pasar unha proba de aptitude, correndo a mesma sorte que as femias, xa que os chukchi eran moi estritos. Os elixidos, en cambio, eran tratados de forma excepcional, cos mellores coidados e a mellor alimentación.
 
En xaneiro de 1925, a 30 °C baixo cero, en Estados Unidos, unha epidemia de difteria asestou un duro golpe á cidade de Nome, en AlaskaAlasca. Alí o soro era insuficiente para atender a todos os afectados, e unha gran tormenta impedía o despegue do avión que contiña a medicina. Pero un husky chamado [[Balto]] e todos os seus compañeiros atravesaron o [[estreito de Bering]] e levaron o soro necesario. A fazaña durou 127 horas, máis de cinco días.
 
Na actualidade, moitos dos husky siberianos rexistrados en América do Norte son descendentes dos primeiros cans importados desde [[Siberia]] en [[1930]], tendo sido adestrados por [[Leonhard Seppala]].
== Características ==
[[Ficheiro:Pure White Siberian Husky.jpg|thumb|Husky Siberiano branco.]]
É un can de tamaño grande (pero de menor tamaño que un [[malamute de AlaskaAlasca|Alaskan Malamute]]) acostumado a vivir na [[neve]]. É capaz de modificar drasticamente a súa pelaxe segundo o lugar onde viva, xa que pode cambiar entre pelo curto a máis curto. O husky pode ter estas cores: arroibada, marrón, marrón clara, marela, branca, gris e negra; sendo estas dúas últimos máis frecuentes nas femias. Pode ter a lingua de cor rosada negra. Ten o pelo moito máis denso e groso que outras razas de cans debido á súa procedencia.
 
{| border="2" cellpadding="4" cellspacing="0" style="margin: 0.5em 0.5em 0.5em 1em; padding: 0.5em; border: 1px #aaa solid; border-collapse: collapse;"
[[Ficheiro:Trainingswagen f%C3%BCr Schlittenhunde.jpg|thumb|left|250px|Huskys turrando dun cart]]
 
Os huskys siberianos son aínda utilizados ocasionalmente como [[cans de zorra|cans de tiro]] nas carreiras de mushing, aínda que teñen sido mudados polo [[husky de AlaskaAlasca]], unha raza que aínda non foi aceptada polas federacións de crianza de cans pero que é a primeira opción pola xente que participa en torneos desta clase con opcións a vitoria. O husky siberiano foi criado para tirar de zorras con cargas liviás durante grandes tempos e a paso moderado, e é por iso que non poden competir cos seus compañeiros, os alaskanos, que son máis rápidos e áxiles.
 
[[Ficheiro:Siberian Huskies, Dogsled racing.jpg|thumb|230px|Huskys en plena carreira]]
 
Aínda que un tiro composto unicamente por huskys teña poucas opcións de vitoria en "clase aberta", en competicións onde existan categorías de razas puras séguense utilizando bastante, xa que dentro das razas nórdicas son máis rápidos que o [[samoiedo]] ou o [[malamute de AlaskaAlasca]]. Hoxe en día os criadores tenden a separar dúas liñas dentro da raza, os huskys de carreira e os huskys para concursos de beleza.
 
Á parte das carreiras de tiro, tamén son populares para á actividade de montaña denominada [[skijoring]], que consiste en atar entre 1 a 3 cans a un esquiador (musher) para que este sexa impulsado por estes. Algúns son usados para transporte de carga e para escalar montañas. Debido ao seu carácter amigable e independente, tamén se adoitan utilizar para [[caninoterapia]].<ref>[http://www.everythinghusky.com/cert.html Working Dog Certification] (en inglés)</ref>
70.703

edicións