Torres de Oeste: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 36:
 
===A ermida===
Trátase do do mesmo templo que [[Diego Xelmírez]] levantou '''ad fundamentis'' no ano [[1122]]. Atópase unida a unha torre e foi refeita en tempos modernos. En imaxes antigas pódense ver as bóvedas totalmente derrubadas. A igrexa é dunha nave cun [[ábsida]] semicircular. Os perpiaños son raros e irregulares as fiadas. A nave cóbrese con bóveda de canón con directriz en arco de ferradura. O arco triunfal (semicircular) apóiase sobre xambas de codillos.
 
A fachada principal coróase cunha espadana dunha soa troneira. A portada componse dunha sinxela porta cun lintel pentagonal, e sobre este un arco semicircular. No tímpano restos dunha inscrición de difícil lectura. A fachada meridional carece de cornixa nin seteiras, e só se abre cunha porta alintelada cun arco de descarga similar ao da fachada occidental (principal). Na fachada setentrional ábrense cinco seteiras con arco de ferradura.