Diferenzas entre revisións de «Ditongo»

+ bibliografía
(+ bibliografía)
{{Desgaleguizar}}
 
Fálase deUn '''ditongo''' é un fenómeno [[fonoloxía|fonolóxico]] que ten lugar cando dúas [[vogal|vogais]] contiguas forman parte dunha mesma [[sílaba]]. En [[Lingua galega|galego]] hai dous tipos de ditongos, aqueles que están formados por dúas vogais fracas ("i" e "u") e os que están formados por unha vogal forte e unha fraca, sen importar a orde.
 
O ditongo é o fenómeno contrario ao [[Hiato (gramática)|hiato]]. En caso de seren tres as vogais inseridas nunha sílaba emprégase o termo [[tritongo]].
 
Para marcar a presenza dun hiato (ausencia de ditongo) emprégase nunha sílaba tónica o [[Normativa oficial do galego - A acentuación#O acento diacrítico|acento]] ou a [[diérese]]<small><sup>1</supref>Emprégase a diérese para marcar un hiato (ruptura dun ditongo) na primeira e segunda [[persoa]]s do plural do imperfecto de [[indicativo]] dos [[verbo]]s rematados en "-aer", "-oer", "-aír", "-oír", e "-uír": ''moïamos, moïades''. Os exemplos anteriores teñen catro sílabas e contrastan na pronuncia e na escrita (grazas a que a diérese ten función diacrítica) co presente de [[subxuntivo]] dos mesmos verbos (moiamos, moiades) que teñen tres sílabas.</smallref>.
 
== Tipos de ditongos ==
Dependendo da secuencia das vogais na sílaba, podemos falar de dous tipos de ditongos:
 
* "ie" (ambiente), "ue" (frecuente). Aparecen normalmente en posición tónica e só o fan en átona en palabras derivadas daquelas que os presentan como tónicos (ambiental, frecuentar).
* "io" (cumio), "uo" (cuota). Danse en posición tónica e átona final.
* "iu" e "ui", segundo a '''Gramática Galega'' de Álvarez, Regueira e Monteagudo, poden presentarse nesta posición moi raramente (a-cuí-fe-ro, lin-güis-ta). O xeral é que formen ditongos decrecentes. Se a vogal tónica é a segunda, hai hiato (mu-í-ño / pui-den), excepto nos dous casos anteriores (acuífero e lingüista). Se están en posición átona (muiñeiro) achámonos coa dificultade, sempre segundo a ''Gramática Galega'', de saber cal é o núcleo vocálico. [Ó noso parecer a pronuncia correcta destas palabras sería ''mu-i-ñei-ro'' e non ''mui-ñei-ro'' (posibilidade que semella, segundo Álvarez e Regueira ser posible na fala)].
 
As vogais de abertura media son realizacións dun arquifonema que representa a ausencia de oposición medio-aberta / medio-pechada.
Os ditongos crecentes que máis frecuentemente se manteñen son "ie" e "ue".
 
==Notas==
----
{{referencias}}
Nota 1: Emprégase a diérese para marcar un hiato (ruptura dun ditongo) na primeira e segunda [[persoa]]s do plural do imperfecto de [[indicativo]] dos [[verbo]]s rematados en "-aer", "-oer", "-aír", "-oír", e "-uír": ''moïamos, moïades''. Os exemplos anteriores teñen catro sílabas e contrastan na pronuncia e na escrita (grazas a que a diérese ten función diacrítica) co presente de [[subxuntivo]] dos mesmos verbos (moiamos, moiades) que teñen tres sílabas.
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Tritongo]]
 
===Bibliografía===
*Álvarez, Monteagudo e Regueira (1984): ''Gramática Galega''. Editorial Galaxia.
*Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2000): ''Gramática da Lingua Galega I. Fonética e Fonoloxía''. A Nosa Terra.
 
[[Categoría:Fonética]]