Catedral de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 65:
Sobor da porta de san Xoán, polo interior, pendura o pelello, a modo de quilla, que a tradición leonesa identificou coma unha «toupeira maligna». Segundo conta a lenda, á noite a toupa estragaba todo o construído ao longo do día, nos primeiros momentos da magna obra do templo. Impacientándose os leoneses porque os traballos da prometida catedral non avanzaban, decidiron acabar con aquel ser maligno: algúns deles agardárona toda a noite e rematárona a tundas. En lembranza daquel feito e en agradecemento á Virxe María, titular do templo, a pelica do animal pendurouse no interior de la catedral, na lumieira da porta, na fachada oeste.
 
A realidade que agocha a lenda é que os traballos da catedral de León atopáronse con numerosos problemas de cimentación, sobre un terreo moi inestábel que, xa daquela, acollera moitas e diversas construcións. A isto uníase a hoxe coñecida mediocre calidade da pedra empregada, traída da localidade de [[Boñar]], na montaña leonesa. Pola súa banda, o que hoxe podemos contemplar na penumbra sobre a xa mencionada porta do templo catedralicio demostrou durante os anos 90 ser en realidade unha coiraza de [[tartaruga laúdede coiro]] (''[[Dermochelys coriacea]]''), cuxa orixe aínda é incerta, aínda que se presupón que se trataría da ofrenda realizada por algún home de poder á catedral, inseríndose tal elemento na antiga tradición (clave na constitución de numerosos museos) do coleccionismo de Antigüidades e Rarezas.
 
[[Ficheiro:Antigua fachada sur barroca, catedral de León.jpg|thumb|Fachada sur da catedral cos seus engadidos barrocos.]]