Ebolavirus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 89:
Os xéneros ''Ebolavirus'' e ''[[Marburgvirus]]'' comprenden especies que inicialmente foron clasificadas no xénero, hoxe obsoleto, ''Filovirus''. En 1998, o Subcomité de Virus de Vertebrados propuxo no [[ICTV]] cambiar o xénero ''Filovirus'' á familia ''Filoviridae'' dividíndoo en dous xéneros específicos: ''virus de tipo Ebola'' (''Ebola-like viruses'') e ''virus de tipo Marburg'' (''Marburg-like viruses''). Esta proposta foi aplicada na sesión de Washington, D.C. en 2001 e en Paris en 2002. En 2000, fíxose outra proposta en Washington, D.C., para que se cambiase a denominación "virus tipo..." (''"-like viruses"'') a "-virus", o que deu como resultado os nomes de xéneros actuais ''Ebolavirus'' e ''Marburgvirus''.<ref>{{Cite web|url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/ICTVdb/ICTVdB/01.025.0.02.htm|title=ICTVdB Virus Description – 01.025.0.02. Ebolavirus|accessdate=2009-06-02|last=Büchen-Osmond|first=Cornelia|date=2006-04-25|publisher=International Committee on Taxonomy of Viruses}}</ref><ref>ICTV cambios de nome dos ebolavirus [http://ictvonline.org/taxonomyHistory.asp?taxnode_id=20130388&taxa_name=Zaire ebolavirus]</ref>
 
As cinco especies caracterizadas de ebolavirus, que cada unha das cales contén un só virus, son:
 
; ''[[virus Ebola|Ebolavirus Zaire]]'' (contén o virus Ebola, EBOV): Tamén chamado simplemente virus Zaire ou [[virus Ebola]], EBOV, que ten a maior taxa de mortalidade, de ata o 90% nalgunhas epidemias, cunha media do 83% nos últimos 27 anos. Houbo máis estalidos epidémicos do ebolavirus Zaire que de calquera das outras especies. O primeiro ocorreu en 1976 en [[Yambuku]].<ref>{{Cite journal|author=Isaacson, M; Sureau, P; Courteille, G; Pattyn, SR;|title=Clinical Aspects of Ebola Virus Disease at the Ngaliema Hospital, Kinshasa, Zaire, 1976|url=http://www.itg.be/ebola/ebola-12.htm|accessdate=2009-07-08|ref=harv}}</ref> Os síntomas lembraban aos da [[malaria]], e aos pacientes se lles deu [[quinina]]. A tansmisión foi atribuída á reutilización de agullas non esterilizadas e a un contacto persoal estreito. É o causante da epidemia de 2014, a máis grave ata o momento.