Catedral de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 191:
=== Naves ===
A catedral de León conta con tres naves e un transepto. A nave central mide 90 metros de longo e 30 de altura, mentres que as dúas naves laterais miden 15 metros de altura, e únense a través do deambulatorio. Desde o exterior, son perfectamente visíbeis todos os contrafortes, os arcobotantes e os pináculos ao longo das naves, que serven para desviar as cargas do edificio ao exterior e poder furar as naves con grandes fiestras. Tamén existen gran cantidade de [[Gárgola (arquitectura)|gárgola]]s, con forma de animais ou monstros míticos, que servía para cuspir ao exterior a auga que caía da cuberta a través dos arcobotantes.
[[Ficheiro:Ábside de la catedral de León.jpg|thumb|Ábsida da catedral de León, vista desde o bariobarrio de El Ejido.]]
De cara ao exterior o máis importante é a substitución dos muros de pedra polos vans con vidreiras. As dúas naves laterais están perforadas con vans desde a fachada occidental deica o transepto, constituíndo as grandes fiestras da parte baixa do edificio. A nave principal está perforada con grandes fiestras que percorren todo o edificio, incluído o transepto e a ábsida, dando lugar ao claristorio. Xusto por baixo está o [[triforio]] calado que tamén percorre o edificio. Este alixeiramento dos muros é o que dá lugar á "desmaterialización" da arte gótica. Algunhas volutas e enfeites que se poden ollar na pedra entre as grandes fiestras da nave principal son obra das restauracións de finais do [[século XIX]].