Catedral de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 101:
=== Xeneralidades do gótico ===
[[Ficheiro:Catedral de León iluminada.jpg|thumb|Vista da catedral de León alumeada desde os altos da Candamia.]]
Na arquitectura gótica xeneralízase o uso dos arcos apuntados (ou [[Arco oxival|arcos oxivais]]) e a [[bóveda de cruzaría]] concentrando así as cargas en puntos determinados e non en todo o muro, que permiten facer catedrais máis esveltas (por unha banda, o [[arco (construciónarquitectura)|arco]] pode alongarse sen ampliar a súa largura como ocorría no románico e reduce as cargas facendo cubertas máis lixeiras, o que permite abrir os muros). Desaparece a [[Tribuna (arquitectura)|tribuna]] románica e as cargas laterais que esta arranxaba envíanse aos [[arcobotante]]s, arcos que transmiten a carga lateral da cuberta aos [[contraforte]]s exteriores, que acostumaban estar rematados con pináculos. As grandes vidreiras son una mostra do interese do gótico por se comunicar co pobo. Así mesmo, a sensación de verticalidade correspóndese á idea do [[Xerusalén]] celeste, en comparación contra a sensación de acollemento e seguranza aos fieis creada no románico. Este tipo de construcións adoitaban ter un número impar de naves (3 ou 5) sustentadas por unha bóveda de cruzaría [[cuadripartita]], [[sexpartita]], de [[tercelete]]s, [[bóveda de abano|de abano]] ou [[bóveda estrelada|estrelada]].
 
A fachada principal estruturábase xeralmente en tres [[vans]] abucinados, constituídos por [[arquivolta]]s e [[xamba]]s e enmarcados nun [[gablete]], unha galería de reis do Antigo Testamento, un gran rosetón (situado na nave central), un [[ándito]] (espazo mediante o cal accédese á fachada para realizar posíbeis reformas) e por dúas torres de características diferentes (rematadas ou non cun pináculo en forma de frecha).