Manolo García: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Discografía: nome do disco
Liña 62:
 
==Carreira en solitario==
O 4 de maio de 1998 Manolo García saca ao mercado "Arena en los Bolsillos" que chega a vender máis de undun millón de discos. Con este álbum conseguiu os premios Amigo a "Mejor solista masculino español" e ao "Mejor álbum español" e tres premios da música como "Mejor artista pop", "Mejor álbum" e "Mejor producción artística", ademais do premio ondas "Mejor artista en directo".
 
A finais de novembro de 2002, un dos participantes do programa de televisión [[Operación Triunfo]] versionou a canción ''Pájaros de Barro'' (unha das máis coñecidas de Manolo García). O programa pagou os dereitos de autor pero non pediu permiso. Baixo o nome de ''Operación Triunfo y el derecho a la disidencia''<ref>[http://cultura.elpais.com/cultura/2002/11/07/actualidad/1036623603_850215.html 'Operación Triunfo y el derecho a la disidencia' El Páis]</ref>, Manolo García facía unha crítica ao sistema de promoción comercial do programa e do sector musical. Rexeitando o formato que se estaba a empregar pero puntualizando que respectaba o esforzo dos que nel participaban. A súa canción foi retirada e non foi incluía nos recopilatorios que publicou Operación Triunfo.