Catedral de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 44:
A construción da terceira catedral iníciase contra [[1205]], mais os problemas construtivos dos [[alicerces]] fixeron que logo se paralizasen os traballos, que non proseguiron até [[1255]], baixo o pontificado do bispo Martín Fernández e o apoio do rei [[Afonso X o Sabio]] de [[Castela]], sendo esta nova catedral de estilo enteiramente gótico.
O arquitecto da catedral semella que foi o [[mestre Henrique]], seica natural de Francia, e que xa traballara outrora na [[catedral de Burgos]]. É evidente que coñecía a forma arquitectónica gótica da [[illa de Francia]]. Faleceu en [[1277]], sendo substituído polo español [[Juan Pérez (arquitecto)|Juan Pérez]].
En [[1289]] finaba tamén o bispo Martín Fernández, cando a cabeceira do templo xa estaba aberta ao culto. A estrutura fundamental da catedral logo remata, en [[1302]], abrindo o bispo Gonzalo Osorio a totalidade da igrexa aos fieis, aínda que no [[século XIV]] aínda se terminaría o [[claustro]] e a [[torre (construción)|torre]] norte, e a torre sur non se rematou até a segunda metade do [[século XV]]. Esta presteza nos traballos danlle unha grande unidade de estilo arquitectónico.
 
[[Ficheiro:Fachada de la Catedral de León.jpg|thumb|Fachada principal da catedral de León.]]