Catedral de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 31:
 
;A primitiva catedral
Durante a [[reconquista]] cristiá as antigas termas romanas foron convertidas en palacio real. No ano [[916]] o rei [[Ordoño II]], que había poucos meses ocupara o trono de [[reino de León|León]], venceu aos [[Arabia|mouros]] na batalla de [[San Esteban de Gormaz]]. Como sinal de agradecemento a Deus pola vitoria, cedeu o seu pazo para construír a primeira [[catedral]]. Baixo o episcopado de Fruminio II, é transformado o edificio nun sacro lugar. O templo estaba custodiado e rexido por monxes da orde de [[Bieito de Nursia|San Bieito]], e é moi probábel que a súa estrutura fose moi semellante á de tantos outros existentes durante a [[MozárabeMozárabes|época mozárabe]] leonesa. Seguindo a tradición cristiá de soterrar dentro dos templos a quen encarnaban a autoridade "vida de Deus", aquela sinxela catedral viuse logo enriquecida cos restos do rei [[Ordoño II]], rei de Galiza e León, finado en [[Zamora]] o ano [[924]].
 
Falan as crónicas do paso de [[Almanzor]] por estas terras a finais do [[século X]], devastando a cidade e destruíndo os seus templos. No entanto, os danos ocasionados á fábrica da catedral seica foron arranxados inmediatamente, xa que polo ano [[999]] era coroado nela, nun acontecemento cheo de esplendor, o rei [[Afonso V de León|Afonso V]]?????. Tras unha sucesión de revoltas políticas e de duras empresas bélicas, contra o [[1067]] o estado da catedral era de suma pobreza. Isto conmoveu ao rei [[Fernando I de León]]???, quen, despois de trasladar os restos de [[Isidoro de Sevilla|Santo Isidoro]] a León, «envorcouse en favores á mesma». Con este rei iniciouse unha época pacífica, colectando grandes triunfos na expansión do reino cristián. Era o momento do florecemento do [[Arquitectura románica|románico]] isidoriano.
 
;A catedral románica