Vietnam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 77:
 
A finais da Dinastía Lê, Vietnam sufriu conflitos civís, primeiro co apoio que os chineses deron á Dinastía Mac, a cal desafiou o poder da Dinastía Lê, e despois, coa derrota da Dinastía Mac que supuxo o retorno da anterior. Daquela, o poder foi dividido entre os Señores Trịnh do norte e os Señores Nguyễn do sur, o que levou ó país a un novo conflito: a Guerra Civil Trịnh-Nguyễn que durou máis dun século. A guerra rematou cando os irmáns Tây Sơn derrotaron ós señores e estableceron unha nova dinastía. Porén, o seu goberno non durou e foron derrotados polos remanentes dos Señores Nguyễn coa axuda dos [[Francia|franceses]], quen estableceron a Dinastía Nguyễn.
 
=== Dominio francés (1887 — 1954) ===
{{AP|Guerra de Indochina}}
[[Ficheiro:Indochine française (1913).jpg|miniatura|esquerda|Mapa da [[Indochina Francesa]] en 1913.]]
A independencia de Vietnam rematou a mediados do [[século XIX]], cando o país foi colonizado polo Imperio francés. A administración francesa impuxo significativos cambios políticos e culturais na sociedad vietnamita. Impúxose un sistema de educación moderna occidental, o [[cristianismo]], desenvolveuse o cultivo de [[tabaco]], [[té]] e [[café]]. Os franceses ignoraron o clamor pola independencia e os dereitos civís, o que deu lugar ó xurdimento de movementos políticos nacionalistas e líderes como [[Phan Boi Chau]], [[Phan Chu Trinh]], o Emperador [[Ham Nghi]] e [[Ho Chi Minh]]. Os franceses mantiveron o dominio das súas colonias ata a [[Segunda Guerra Mundial]], cando os [[Xapón|xaponeses]] invadiron a [[Península Indochina]]. Os recursos naturais de Vietnam foron explotados por [[Xapón]] para as súas campañas militares en [[Birmania]], [[Malaisia]] e [[India]].
 
Nos últimos ano da guerra, o movemento nacionalista de [[Ho Chi Minh]] desafiou ós franceses. Despois da derrota de Xapón, as forzas nacionalistas de Indochina enfrontáronse a Francia no que se chamou a [[Guerra de Indochina|Primeira Guerra de Indochina]] ([[1945]] - [[1954]]). Os franceses foron derrotados e fixeron unha retirada das súas colonias. Porén, os países que combateran nesta primeira Guerra de Vietnam, dividiron o país polo paralelo 17 en [[Vietnam do Norte]] e [[Vietnam do Sur]].
 
== Política ==