Vietnam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 54:
 
== Historia ==
{{AP|Historia de Vietnam}}
[[Francia]] ocupou todo Vietnam no [[1884]], que se converte nunha colonia francesa, como parte da [[Indochina]] ata [[1954]]. A independencia foi declarada a fin da [[Segunda Guerra Mundial]]. Coa [[guerra de Indochina]] no [[1954]], as forzas comunistas comandadas por [[Ho Chi Minh]] vencen aos franceses e toman o control do norte de Vietnam. O sur de Vietnam gaña tamén a guerra de independencia mais é dirixido por forzas hostís aos comunistas.
 
=== Introducción ===
A maior parte da súa historia estivo gobernada por varias dinastías do [[Imperio de China|Imperio Chinés]] e propias. Vietnam obtivo a súa independencia nos inicios do [[século X]] e a súa autonomía total un século despois. O período de goberno das dinastías nativas rematou a mediados do [[século XIX]], cando o país foi colonizado por [[Francia]]. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], [[Xapón]] ocupou Vietnam; pero respectou a autoridade francesa por ser o [[Goberno de Vichy]] colaboracionista coa súa aliada, a Alemaña nazi. Foi cara a fin deste conflito cando os xaponeses trataron de exterminar o poder francés por sospeitar dun apoio a unha invasión aliada. Nesta situación, [[Ho Chi Minh]] proclamou a República Democrática de Vietnam.
 
Ó rematar a Guerra, Francia intentou restablecer o seu control; pero fallou e comezou a [[Guerra de Indochina]] que finalmente perdeu. A [[Conferencia de Xenebra]] de 1954 dividiu o país en dous: [[Vietnam do Norte]] e [[Vietnam do Sur]]. Durante a [[Guerra Fría]], o norte recibiu o apoio da [[República Popular de China]] e a [[Unión Soviética]], mentres que o Sur obtivo o apoio dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Axiña as tensións levaron á [[Guerra de Vietnam]], que terminou coa retirada das tropas estadounidenses en marzo de [[1973]] e a toma de [[Saigón]] en abril de [[1975]]. En [[1976]], Vietnam unificouse baixo o goberno de Vietnam do Norte e tomou o nome de ''República Socialista de Vietnam''.
 
En 1978, Vietnam invadiu a [[Kampuchea Democrática]] de [[Pol Pot]] e precipitou a caída do seu réxime. Mantivo uns 100.000 soldados durante toda a década dos oitenta. A finais da década dos noventa, comenzaron as negociacións para restablecer relacións diplomáticas cos Estados Unidos e a comezos do século XXI, Vietnam comezou a recibir axuda estadounidense co que se considera superado o "Trauma Vietnam".
 
=== Era predinástica ===
[[Ficheiro:Trong dong Dong Son Guimet.jpg|miniatura|Un tambor de bronce ''Dong Song'', feito arredor do -800 durante a [[Idade do Bronce]]. Museo Guimet, París.]]
De acordo coas lendas vietnamitas, membros de varias tribos naceron do matrimonio entre Lạc Long Quân (rei dragón) e Âu Cơ (deusa madriña), e a historia de Vietnam data de hai máis de 4.000 anos. Porén, as fontes fiables indican que os vietnamitas ou a historia do seu país data de hai uns 2.700 anos. No ano de -258, Thuc Phan fundou o reino [[Áu Lac]] (formado pola unión de Áu Viet e Lac Viet - [[Van Lang]]), no norte de Vietnam.
 
Moitos historiadores consideran que a civilización Dong Son é común a moitos pobos do [[Sudeste asiático]]. No [[-208]], a Dinastía Qin, chamada tamén "Triệu Đà", estableceu un estado coñecido como "Nam Việt", o cal estaba ubicado ó sur de [[República Popular China|China]] e do Delta do río Vermello. O significado histórico da orixe de Nam Việt é motivo de controversias xa que para algúns estudosos o devantido territorio estaba baixo rexencia chinesa, mentres que para outros constitúe xa un período de independencia. Dende o [[-111]] ata o [[século X]] Vietnam estivo baixo o mando de diferentes dinastías chinesas.
 
=== Era dinástica ===
[[Ficheiro:EOS 6346 raw2.jpg|esquerda|miniatura|O [[templo da literatura]] en [[Hanoi]], construído no século XI.]]
En [[938]], [[Ngo Quyen|Ngô Quyền]] logrou derrotar ás forzas chinesas na [[Batalla do río Bạch Đằng (938)|Batalla do río Bạch Đằng]] e logrou a independencia despois dun milenio baixo control dos chineses. Denominada [[Đại Việt]], a nación viviu a súa idade de ouro durante as Dinastías Lý e Trần. Durante o reinado desta última, Đại Việt puido defenderse de tres intentos de invasión dos [[Imperio Mongol|mongois]] en 1257, 1284-85 e 1287-88. Despois da breve Dinastía Hồ, a independencia de Đại Việt foi brevemente interrrompida pola [[Dinastía Ming]] de China, pero foi restaurada por [[Le Loi|Lê Lợi]], o fundador da Dinastía Lê.
[[Ficheiro:Vietnam Expand1.gif|dereita|miniatura|Mapa da expansión do pobo vietnamita cara o sur, ''Nam Tien'', dende 1069 a 1757.]]
 
No [[século XV]], o [[feudalismo]] acadou o seu máximo esplendor, especialmente durante o reinado do Emperador [[Lê Thánh Tông]]. Entre os séculos [[século XI|XI]] e [[século XVIII|XVIII]], os vietnamitas expandíronse ó sur nun proceso que chamaron nam tiến (''expansión sur'' e que os levou a conquistar o [[Reino de Champa]] (o cal desapareceu definitivamente como estado) e parte do [[Imperio khmer]] (Kampuchea Krom).
 
A finais da Dinastía Lê, Vietnam sufriu conflitos civís, primeiro co apoio que os chineses deron á Dinastía Mac, a cal desafiou o poder da Dinastía Lê, e despois, coa derrota da Dinastía Mac que supuxo o retorno da anterior. Daquela, o poder foi dividido entre os Señores Trịnh do norte e os Señores Nguyễn do sur, o que levou ó país a un novo conflito: a Guerra Civil Trịnh-Nguyễn que durou máis dun século. A guerra rematou cando os irmáns Tây Sơn derrotaron ós señores e estableceron unha nova dinastía. Porén, o seu goberno non durou e foron derrotados polos remanentes dos Señores Nguyễn coa axuda dos [[Francia|franceses]], quen estableceron a Dinastía Nguyễn.
 
== Política ==