Colecistite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 37:
=== Fisioloxía biliar ===
Ao día prodúcense entre 500 e 1000 [[mililitro|ml]] de [[bile]]. A bile, producida no [[fígado]], emulsiona as [[graxa]]s que hai na comida parcialmente dixerida, o cal facilitará a acción dos enczimas dixestivos.
A produción de bile no fígado é constante, pero o baleiramento da vesícula é intermitente e está en relación coa dixestión. O control da contracción da vesícula e a conseguinte expulsión da bile é principalmente endócrino, e está a cargo basicamente da hormona duodenal [[colecistoquinina]], que favorece a descarga de bile cando se están a dixerir graxas. Outras hormonas gastrointestinais poden influír tamén, como a [[gastrina]] (induce o baleiramento), [[secretina]] (amplifica a acción da colecistoquinina) e [[motilina]] (contrae a vesícula), o [[polipéptido pancreático]] (inhibe a contración vesicular), e o [[VIP]] (relaxa o [[músculo liso]] da vesícula).
 
Durante o almacenamento da bile na vesícula, a bile faise máis concentrada, polo que se intensifica o seu efecto. A concentración faise por absorción de auga e ións na bile almacenada, a cal pode diminuír o seu volume ata a décima parte.