Microsoft Encarta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m formato
Liña 1:
'''Microsoft Encarta''' foi unha [[enciclopedia]] [[multimedia]] [[Sistema dixital|dixital]] publicada por [[Microsoft|Microsoft Corporation]] dende [[1993]] ata [[2009]] (en español desde a versión ''97''). No ano 2008, a edición completa en [[lingua inglesa|inglés]] de '''''Encarta Premium''''' contiña máis de 62.000 artigos, mentres que a súa versión en español, incluía uns 43.000.<ref name="Encarta2009"> [http://www.microsoft.com/learningspace/Products.aspx?prod=encarta Encarta 2009 Information] {{En}}.</ref>

== Historia e características ==
Ademais das entradas enciclopédicas, a información era complementada con numerosas fotos e ilustracións, clips de son e vídeos, elementos interactivos, liñas de tempo, mapas, un atlas xeográfico e ferramentas para resolver tarefas estudantís. A enciclopedia estaba dispoñible en [[DVD|DVD-ROM]] ou varios [[CD-ROM]]s e tamén tiña dispoñibilidade limitada (con publicidade) a os seus contidos en liña na [[World Wide Web|Web]], cunha subscrición anual para acceder a máis contido.
 
Microsoft editou e publicou edicións de Encarta en diversas linguas, incluíndo o [[Lingua inglesa|inglés]], [[Lingua alemá|alemán]], [[Lingua francesa|francés]], [[Lingua castelá|castelán]], [[Lingua neerlandesa|neerlandés]], [[Lingua italiana|italiano]], [[Lingua portuguesa|portugués]] e [[Lingua xaponesa|xaponés]]. As versións localizadas contiñan materiais licenciados de fontes locais ou nacionais, o que facía que houbera diferenzas entre elas. Por exemplo, a edición neerlandesa posuía contido da enciclopedia rexional ''Winkler Prins'' dos [[Países Baixos]], denominándose entón ''Encarta Winkler Prins Encyclopedie''.