Troitosende, A Baña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
*praca>placa
Liña 13:
 
==Patrimonio==
A [[Igrexa (arquitectura)|igrexa]] parroquial foi construída a finais do [[século XII]] e reformada nos [[século XVIII|séculos XVIII]] e [[Século XX|XX]]. Ten [[Nave (arquitectura)|nave]] de planta rectangular, con muros de cadeirado de [[granito]] e cuberta a unha e dúas augas con [[tellado]] de [[Tella (construción)|tella]]. A [[fachada]] é de cadeirado de granito, con [[Portada (arquitectura)|portada]] enmarcada por dúas [[pilastra]]s encaixadas con basas toscanas e [[Capitel|capiteis]] [[Orde dórica|dórico]]s. Por riba vai un entaboado, unha [[cornixa]] e unha [[fiestra]] decorada con pracasplacas semicirculares. A [[sancristía]] está adosada ao muro norte. A [[espadana]] é cadrangular, con tres machóns sobre os que voltean dous [[Arco (arquitectura)|arco]]s de medio punto laterais. No centro hai dous machóns cun arco de medio punto e un [[pináculo]] rematado por unha [[cruz]] metálica. Ten un pequeno [[retablo]] nunha [[capela]] e varias imaxes.
 
==Lugares e parroquias==