Ría de Arousa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎A ría e o Apóstolo: Jaffa é a antiga cidade portuaria, Tel Aviv é moi posterior, son artigos diferentes
Liña 21:
==A ría e o Apóstolo==
A ruta marítimo-fluvial pola ría de Arousa e o río Ulla conmemora a chegada a [[Galicia]], por mar, segundo a tradición, do corpo do Apóstolo [[Santiago o Maior]], tralo seu martirio en [[Xerusalén]] no ano 44. Santiago foi mariñeiro e pescador de [[Galilea]], apóstolo de cristo, evanxelizador de occidente e mártir. O episodio da súa morte, ordenada por Herodes Agripa, recóllese n’Os Feitos dos Apóstolos, de San Lucas.
Antigas tradicións cristiás, reforzadas por varios textos medievais, aseguran que varios dos seus discípulos recolleron o corpo de Santiago, amortallárono e trasladaron ata a costa [[palestina]]. No porto de [[Tel Aviv|Jaffa]] un barco posiblemente mercante (unha interesante hipótese fala do caso dunha “Barca ou Barco da pedra, destinado ó comercio regular de mineral de [[estaño]] con Oriente) trasladouno, a través de todo o [[Mediterráneo]] e da costa atlántica ibérica, ata os confíns de Occidente: un dos lugares onde predicara o [[Evanxeo]].
 
Os restos do Apóstolo entraron en Galicia pola ría de Arousa e remontaron o río Ulla, arribando á cidade romana de [[Iria Flavia]] (nas inmediacións de [[Padrón]]). O texto máis coñecido que narra a “Traslatio” do corpo apostólico desde Jaffa a Iria e desde alí o seu lugar de enterramento, en Compostela, é o célebre [[Códice Calixtino]] (S. XII), no seu libro III, capítulo 1.