Tailandia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 176:
== Divisións administrativas ==
{{VT|Rexións de Tailandia|Provincias de Tailandia}}
Tailandia divídese en 76 [[provincia]]s (en [[lingua taitailandesa|tailandés]]: จังหวัด, ''changwat'') reunidas en cinco grupos, nalgúns casos as provincias do leste e do oeste agrupándose. O nome de cada provincia é o da súa cidade capital (เมือง, mueang), utilizando ás veces ese prefixo (''Mueang'' ou ''Muang'') para evitar confusión coa provincia. Coa excepción da [[provincia de Songkhla]], a capital é a cidade máis grande da provincia. Por exemplo, a capital da [[Provincia de Chiang Mai]] (''Changwat Chiang Mai'') é Ching Mai ou Mueang Chiang Mai. Hai ademais dous distritos especiais: a capital [[Bangkok]] (Krung Thep Maha Nakhon) e Pattaya, aínda que o de Bangkok posúe o mesmo rango que unha provincia, e polo tanto é habitualmente considerado unha.
 
A zona máis poboada e a de maior densidade de poboación é a capital, [[Bangkok]]. A provincia de maior superficie é [[Provincia de Nakhon Ratchasima|Nakhon Ratchasima]] e a máis pequena [[Provincia de Samut Songkhram|Samut Songkhram]]. En canto aos mínimos, a provincia con menor densidade de poboación é [[Provincia de Mae Hong Son|Mae Hong Son]] e menor poboada a de [[Provincia de Ranong|Ranong]]. A última provincia en nacer foi [[Provincia Bueng Kan|Bueng Kan]] no ano [[2011]].