Cabelo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
recat
Miguelferig (conversa | contribucións)
m ligazón
Liña 3:
O '''cabelo''' ({{Audio|Gl-cabelo.ogg|pronunciación}}) ou '''pelo''' é a continuación da pel cornificada, e contén unha fibra de [[queratina]], constituída por unha [[raíz]] e unha base, que se forma nun folículo da [[derme]], e constitúe o trazo característico da [[pel]]. Cada un dos pelos consiste nunha raíz localizada nun [[folículo piloso]] e nun tallo que se proxecta cara arriba por encima da superficie da [[epiderme]]. A raíz agrandase na súa base. A zona papilar está composta de tecido conxuntivo e [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]], que proporcionan ao xeito as sustancias necesarias para o seu crecemento.
 
Unha [[glándula sebácea]] desemboca dentro de cada folículo. Existe un feixe de [[músculo liso|fibras musculares lisas]] unidas a cada pelo. A contracción dos [[músculo]]s fai que o pelo se levante, cambiando así o seu ángulo con relación á pel. Este proceso incrementa as posibilidades aislantes da cuberta do pelo, proporcionando así un mellor abrigo contra o frío.
 
O [[talo]] comprende tres capas. A [[medula]], que consiste en [[célula]]s queratinizadas, laxamente unidas, e que está presente soamente nos pelos máis grosos (pelo de garda). O espazo intercelular está cheo de aire. A medula está rodeada da cortiza, fortemente adherida. Na cortiza fíxanse a maioría dos gránulos de [[pigmento]]. A súa superficie áchase cuberta cun [[tegumento]], no que as células poden estar adheridas ou ben separadas nas porcións terminais, formando [[escama]]s.