Trompa de Falopio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q1233836
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 24:
Dispersas entre as células ciliadas están as células non ciliadas, que conteñen [[gránulo (bioloxía)|gránulos]] e producen o fluído tubular. Este fluído contén nutrientes para os [[espermatozoide]]s, [[ovocito]]s, e [[cigoto]]s. Nalgunhas especies como o coello engaden ao ovocito unha envoltura albuminosa externa <ref name=Fawcett/>. As secrecións tamén promoven a [[capacitación]] do esperma ao eliminaren [[glicoproteína]]s e outras moléculas da membrana plasmática do esperma. A [[proxesterona]] incrementa o número de células non ciliadas, entanto que o estróxeno incrementa a súa altura e actividade secretora. O fluído das trompas flúe en contra da acción dos cilios, os cales baten cara ao extremo que dá ao ovario.
 
A capa muscular está formada por dúas capas de [[músculo liso]], a interna é circular ou espiral e a externa é principalmente lonxitudinal, aínda que non están nitidamente delimitadas.
 
A cuberta peritoneal da trompa ten as características habituais dunha serosa.