Diferenzas entre revisións de «Tecido muscular»

ligazóns
(ligazóns)
O '''tecido muscular''' é un tecido orgánico común a moitas especies animais. Trátase dunha agrupación de células musculares ou [[miocito]]s. Outras células presentes neste tecido son [[neuronas]] e células do [[tecido conxuntivo]].
 
A función básica do tecido muscular é a contractilidade. Podemos ademais clasificar o tecido muscular en dúas grandes variantes: o [[músculo liso]] (que recobre as vísceras e outras estruturas, cuxa mobilidade é lenta e involuntaria) e o [[músculo estriado]] (responsable do movemento voluntario e da función cardíaca). Na especie humana, o tecido muscular deriva embrioloxicamente do [[mesoderma]].
 
== Músculo liso ==
{{AP|Músculo liso}}
Os miocitos do músculo liso son células fusiformes cun único núcleo central. Dispóñense formando túnicas con células intimamente pegadas. Histoloxicamente seméllase ao [[tecido conxuntivo]], sen embargo, ao microscopio o tecido muscular presenta máis densidade nuclear e unha maior coloración. Os núcleos son ovalados de extremos redondeados. Os fibroblastos do tecido conxuntivo teñen extremos puntiagudos.
 
183.859

edicións