Costámero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26:
Os costámeros son ensamblaxes de proteínas subsarcolemais aliñadas circunferencialmente en correspondencia co [[disco Z]] (ou liña Z) das [[miofibrila]]s periféricas, ao que están ancorados. Acoplan fisicamente a forza xerada nos sarcómeros co [[sarcolema]] (membrana da célula muscular) nas fibras musculares estriadas, polo que son considerados un dos compoñentes fundamentais da morfoloxía do músculo estriado, e cando están alterados crese que contribúen directamente ao desenvolvemento de varias [[miopatía]]s.<ref>{{cite journal| doi=10.1074/jbc.R200021200| author=James M. Ervasti |title=Costameres: the Achilles' Heel of Herculean Muscle |journal=J. Biol. Chem. |volume=278 |issue=13591–13594 |url=http://www.jbc.org/cgi/content/full/278/16/13591| pages=13591–4| year=2003| pmid=12556452}}</ref> Os costámeros manteñen a integridade mecánica do sarcolema e envían sinais relacionados co estrés mecánico no sarcómero e na matriz extracelular.<ref name=Peter/> Os dous principais complexos proteicos descritos nos costámeros son o complexo distrofina-glicoproteína e o complexo integrina-vinculina-talina.
 
O sarcolema da fibra muscular, ademais de estar unido internamente ao sarcómero por medio do costámero, está unido tamén á [[matriz extracelular]] exterior por conexións entre o costámero e dita matriz por medio do complexo DAG. O '''complexo de glicoproteínas asociadas á distrofina''' ('''DAG''', do inglés ''dystrophin-associated glycoprotein'') contén varias [[proteína periférica de membrana|proteínas de membrana]] [[proteína periférica de membrana|periféricas]] e [[proteína integral de membrana|integrais]], como os [[distroglicano]]s e [[sarcoglicano]]s, que se pensa que son responsables da unión do sistema citoesquelético interno dunha [[fibra muscular]] con proteínas estruturais da matriz extracelular (como o [[coláxeno]] e a [[laminina]]). Por tanto, é unha das características do sarcolema que contribúe a acoplar o [[sarcómero]] co [[tecido conectivo]] extracelular.<ref>{{cite journal |author= García-Pelagio Karla, Bloch Robert, Ortega A, Gonzáles-Serratos Hugo |title=Biomechanics of the sarcolemma and costameres in single skeletal muscle fibers from normal and dystrophin- null mice |journal=J Muscle Res Cell Motil |volume=31 |url=http://link.springer.com/article/10.1007/s10974-011-9238-9| pages=323–336| year=2011 |doi=10.1007/s10974-011-9238-9}}</ref> A proteína [[desmina]] pode tamén unirse ao complexo DAG, e algunhas rexións del están implicadas na [[sinalización celular]].
 
==Notas==