Membrana celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 14:
Un exemplo de uso de membrana celular co significado de parede celular é o tratado clásico de [[histoloxía vexetal]] de K. Esau, que na súa tradución ao castelán da súa 3ª edición de 1976 di así <ref>Katherine Esau. Anatomía Vegetal. 3ª edición (1976). Omega. Páxina 51. ISBN 84-282-0169-2.</ref>:
{{Cita|"O termo ''membrana celular'' emprégase correntemente na bibliografía botánica escrita en castelán e o mesmo ocorre na bibliografía alemá e nalgunhas publicacións antigas en lingua inglesa; en cambio, nas publicacións modernas escritas en inglés utilízase o termo ''parede celular'', tamén usado en castelán."}}
O parágrafo citado, traducido aquí ao galego, fai referencia ao idioma castelán, pero mesmo nesa lingua, igual que noutras, obsérvase a partir daquela época unha preferencia a usar os termos máis claros ''membrana plasmática'' e ''parede celular'' mellor que ''membrana celular''. Así, noutro libro clásico publicado só uns anos despois da referencia anterior, como é o Tratado de Botánica de Strasburger na 7ª edición en castelán de 1986, o termo "membrana celular" xa non aparece no índice alfabético de termos, pero si aparecen membrana plasmática, parede celular, biomembrana e outras.<ref>Strasburger. Botánica. 7ª edición. (1986). ISBN 84-7102-990-1.</ref>
 
O termo membrana plasmática deriva do termo alemán ''Plasmamembran'' acuñado no século XIX por Karl Wilhem Nägeli.