Xanthos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 27 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q464936
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 7:
A cidade foi atacada polo xeneral persa [[Harpago]], ao servizo de [[Ciro II|Ciro II o grande]]. Os habitantes defendéronse heroicamente e finalmente queimaron a cidade antes de caeren en mans dos persas (sobre o [[-544]] - [[-543]]). Máis tarde foi reconstruída e uns vinte anos despois emitíronse moedas na cidade. Foi incluída na primeira satrapía de [[Darío I|Dario I de Persia]], onde se coñece o imposto asignado. A arqueoloxía demostra que foi destruída outra vez durante as loitas entre persas e gregos sobre o [[-475]] - [[-470]], por uns ou outros ou por causas naturais, e unha vez máis foi reconstruída. Antes do [[-400]] Xanthos incorporou Telmessos.
 
É mencionada como cidade de Licia por escritores gregos e romanos. [[Alexandre o Grande]] ocupou a cidade pero non está claro se pola forza (como di [[Apiano]]) ou voluntariamente (como di [[Flavio Arriano]]). Despois da morte de Alexandre pertenceu a [[Antígono]] do que pasou a [[Ptolomeo I Sóter]], e do que máis tarde pasou aos [[seléucidas]], o [[-272]] e o [[-188]] foi incluída no [[reino de Pérgamo]] pola paz de [[Apamea]]. O [[-133]] o reino de Pérgamo pasou a [[Roma antiga|Roma]] por legado, e así Xanthos vai converterse en cidade romana.
 
Despois do asasinato de [[Xulio César]] a cidade foi atacada polo exército de Bruto, pero os habitantes resistiron e foi ocupada ao asalto, continuando a loita nas rúas e morrendo a maior parte antes de rendérense e quedando destruída a cidade polos incendios (sobre [[-42]]). Desta segunda destrución xa non se recuperou. Apiano di que foi reconstruída por [[Marco Antonio]], pero en todo caso xa foi un lugar sen importancia.