Dionisio de Halicarnaso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos cos homónimos
Liña 1:
[[Ficheiro:Dionigi di Alicarnasso.jpg|thumb|250px|Dionisio de Halicarnaso.]]
O [[Antiga Grecia|grego]] '''Dionisio de Halicarnaso''' (Διονύσιος Ἀλεξάνδρου Ἁλικαρνᾱσσεύς: Dionisio fillo de Alexandre de Halicarnaso, nado ''[[Circa|ca.]]'' [[-60]] e finado ''ca.'' [[-7]], foi un historiador, crítico literario e profesor de [[retórica]]. Viviu en [[Antiga Roma antiga|Roma]] na época de [[César Augusto]].
== Traxectoria ==
Viaxou a [[Antiga Roma antiga|Roma]] logo de finalizada a guerra civil, pasou vinte e dous anos estudando [[lingua latina|latín]] e literatura e preparando materiais para a súa historia. Durante ese período impartiu leccións de [[retórica]] e gozou da sociedade de personaxes moi distinguidos da época. A data da súa morte é descoñecida.
 
O seu gran traballo, titulado ''Ῥωμαική ἀρχαιολογία'' (''Rhōmaikē arkhaiologia'', ''Antigüidades romanas''), abarca a historia de Roma desde o período mítico ata o comezo da [[Primeira guerra púnica]].<ref>[[Adolfo Domínguez Monedero]]: ''El tema de la colonización griega en las "Antigüedades romanas" de Dionisio de Halicarnaso''.</ref>
 
A obra foi dividida en 20 libros, dos cales os primeiros nove permanecen enteiros, o décimo e undécimo están case completos, e os restantes están incompletos nos extractos de [[Constantino VII|Constantino Porfiroxéneta]] e un [[epítome]] descuberto por [[Angelo Mai]] nun manuscrito de [[Milán]]. Os tres primeiros libros de [[Apiano]] e [[Plutarco de Queronea|Plutarco]] ''Vida de Camilo'' abarcan moito da vida de Dionisio.
 
O seu principal obxectivo foi reconciliar aos gregos co goberno do [[imperio romano]], resaltando as cualidades dos seus conquistadores. De acordo con el, a historia é filosofía que se ensina con exemplos, esta idea tomouna seguindo o punto de vista dos retóricos gregos. Coidadosamente consultou as mellores fontes e o seu traballo e o de [[Tito Livio]] son os únicos que detallan a historia romana temperá.