Joaquín Loriga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m Xas moveu a páxina "Joaquín Loriga Taboada" a "Joaquín Loriga": nome máis coñecido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Xetafe
Liña 6:
Naceu na parroquia de [[Prado, Lalín|Prado]], no concello de [[Lalín]]. Pertencía a unha familia de tradición militar, os Taboada, cuxa casa era o [[pazo de Liñares]]. En [[1912]] ingresou na [[Academia de Artillería]] de Segovia, realizando posteriormente o curso de habilitación para piloto na promoción 1920-1921. Participou na [[guerra do Rif]], incorporándose en [[1921]] ao servizo da aviación militar, logo de ser ascendido a capitán. Destinado en [[Melilla]], como xefe da terceira escuadrilla, coñeceu a [[Eduardo González Gallarza]], que anos despois o acompañaría no voo [[Madrid]]-[[Manila]]. Polas súas accións na guerra do Rif recibiu a [[Medalla Militar]] en setembro de [[1923]] xunto a outros aviadores distinguidos, como [[Ramón Franco]], [[Juan de Ortiz]] e o seu compañeiro Gallarza.
 
En 1924 foi destinado á Península, concretamente ao aeródromo de [[Aeroporto de Madrid-Cuatro Vientos|Cuatro Vientos]], nos arrabaldes de [[Madrid]], como xefe da escuadrilla de clasificación. Alí, en 1926, Loriga pilotou o [[autoxiro]] de [[Juan de la Cierva Codorníu|Juan de la Cierva]] na súa proba inaugural ata [[GetafeXetafe]].
 
O mesmo ano, en medio duna grande expectación, o [[5 de abril]] iniciou, cos capitáns [[Rafael Martínez Esteve|Esteve]] e Gallarza o ''raid'' de Madrid a Manila a bordo dos seus respectivos ''[[Breguet XIX]]'', aparatos biprazas de cabinas abertas en tándem, a cada un dos cales acompañaba un mecánico. Tratábase da escuadrilla ''Elcano''. A xustificación do ''raid'' era que [[Filipinas]], antiga colonia, aínda mantiña lazos coa antiga metrópole, e había moita poboación española ou de orixe española, ademais de que os tempos da colonia lembrábanse como máis benignos que os da ocupación estadounidense.