Os Pinos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 2.140.33.51 (conversa); cambiado á última versión feita por Lameiro
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 43:
O texto definitivo publicouse xa como ''Os Pinos'' por primeira vez o [[22 de maio]] de 1890 nun folleto do certame musical que convocara o Orfeón nº 4 da Coruña para elixir a mellor Marcha Rexional Galega. O texto apareceu tamén n'''[[A Monteira]]'' e en ''[[El Eco de Galicia (A Habana)|El Eco de Galicia]]'' da [[Habana]]. Ao final, aínda que houbo ensaios, o himno non se chegou a interpretar. A maioría das versións do texto derivan do texto que apareceu na número 18 da revista ''[[Galicia (A Habana)|Galicia]]'' da Habana en 1905. En 1935 o texto integrouse na segunda edición, realizada pola [[RAG]], de ''Queixumes dos pinos'', base das versións modernas do texto
 
O motivo central do texto é que Galiza debe acordar do seu sono (apatía política) e emprender o camiño cara a liberación. Para iso deberá escoitar a voz dos rumorosos piñeiros, ou sexa, o [[pobo galego]] como [[nación|entidade nacional]] histórica.
 
O nome do país non figura en ningures no poema, como é habitual en Pondal, e fanse referencias metafóricas ao "[[Nazón de Breogán|Fogar]]" e á "[[Nazón de Breogán]]".