Diferenzas entre revisións de «Aquiles»

(retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata)
Un dos feitos da súa lenda que máis o marcan vén do desexo da súa nai de convertelo en inmortal. En seguida, os relatos difiren. Segundo [[Licofrón]], Tetis ten sete fillos de Peleo, e guinda seis ao lume, porque non son inmortais e por despeito cara o matrimonio forzado con Peleo. O [[escolio|escoliasta]] de [[Homero]] afirma máis ben que os puxo no lume para que este consumise a parte mortal dos nenos (unha lenda semellante está asociada con [[Isis]], na [[mitoloxía exipcia]], ou a [[Demofonte (Eleusis)|Demofonte]] de [[Eleusis]]). Segundo o gramático [[Xoán Tzetzes]], esfrégao con [[ambrosía]] e mergúllao no lume pola noite.
 
Finalmente, a variante máis popular amósanola mergullando o seu fillo nas augas da [[Estixia]], o río dos [[Infernos]], suxeitándoo polo calcañar. Así convértese en invulnerábel, coa excepción do calcañar polo que o sostivera a súa nai, cousa que deu lugar á expresión «[[calcañar de Aquiles]]», que significa «sitio vulnerábel, punto sensíbel». Porén, non hai nada n’''[[A Ilíada]]'' que permita asegurar que Aquiles é insensíbel aos golpes. Na ''Continuación de Homero'' de [[Quinto de Esmirna]], é resulta ferido polo príncipe [[etíope]] [[Memnón]] (II, 410–411). Cómpre notar, polo demais, que Aquiles non é o único heroe grego considerado (case) invulnerábel: os Antigos conceden tamén ese privilexio a [[Áiax o Grande]].
 
Aquiles aprende de [[Fénix]], o fillo de Amíntor, a arte da elocuencia e o manexo das armas. Recibe leccións de medicina do [[centauro]] [[Quirón]], quen o alimenta con entrañas de animais para lle conferir a súa forza, e con mel pola dozura.
Usuario anónimo