Gran Ducado de Toscana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 67:
O novo duque iniciou o seu longo reinado cunha política expansionista, que comezou coa compra da [[illa de Elba]] á [[República de Xénova]] e culminaría coa conquista da [[República de Siena]] ([[1555]]),<ref>Strathern, p. 340.</ref> ratificada polo rei [[Filipe II de España]] no [[tratado de Londres]] de [[25 de maio]] de [[1557]], que suporía tamén a creación do [[Estado dos Presidios]] (baixo soberanía española) no [[Arxentario]], antiga zona de influencia de [[Siena]]. Este tratado foi asinado por Filipe II e o [[señorío|señor]] de [[Principado de Piombino|Piombino]], [[Xacobe VI Appiano]], e confirmado polo [[tratado de Florencia]] do [[3 de xullo]] do mesmo ano, entre o emperador [[Carlos V]] e o duque de Florencia, Cosme I de Médici.<ref>Braudel, Fernand (1986): ''Civiltà e imperi del Mediterraneo nell’età di Filippo II.'' 2 volumes. Turín: Einaudi.</ref> <ref>Caciagli, Giuseppe (1992): ''Stato dei Presidi''. Pontedera: Arnera Edizioni.</ref>
 
Por [[bula]] emitida polo papa [[Pío V]] o [[27 de agosto]] de [[1569]] Cosme alcanza o título de Gran Duque de Toscana. Á súa morte ([[1574]]) sucédeo seu fillo [[Francisco I de Medici|Francisco]]. Os Medici continuarían gobernando o gran ducado até a morte de [[Xoán Gastón de Medici|Xoán Gastón]], en [[1737]], data en que a Toscana, ao carecer de lexítimo herdeiro, pasará a mans de [[Francisco I do Sacro Imperio Romano Xermánico|Francisco]], [[duque de [[Lorena]] (Francisco III de Lorena), esposo de [[María Teresa I de Austria|María Teresa de Habsburgo]], arquiduquesa de Austria, baseándose nos tratados establecidos polas dinastías europeas en [[1735]].
 
==Goberno dos Habsburgo-Lorena==
Liña 103:
O Gran Ducado de Toscana, con máis de 250 anos de historia, foi disolvido pola diplomacia napoleónica e, xunto coa [[República de Lucca]], serviu para crear o [[Reino de Etruria]] polo [[Tratado de Aranjuez (1801)|tratado de Aranjuez]] de [[21 de marzo]] de [[1801]] entre Francia e España, en favor de [[Luís I de Borbón-Parma|Luís I de Parma]] e a súa descendencia, con cláusula de reversión á familia real española en caso de que non houbera descendencia.
 
Etruria foi cedida a Francia polo tratado secreto de [[Fontainebleau]] de [[27 de outubro]] de [[1807]], e integrada no [[Imperio francés|Primerio Imperio francés]], con [[Parma]] e [[Plasencia (Italia)Piacenza]] por decreto do [[24 de maio]] de [[1808]]. O [[2 de marzo]] de [[1809]], o ''Goberno Xeral'' dos tres departamentos que se formaron en Toscana (Departamentos de [[Arno]], [[Mediterráneo|Mediterráneo]] e [[Ombrone|Ombrone]]) foi elevado a ''Gran dignidade do Imperio'', e atribuída a [[Elisa Bonaparte]], irmá de [[Napoleón]]. Non se pode propiamente falar dun [[Gran Ducado]] soberano, xa que [[Toscana]] formaba parte do Imperio francés, senón máis ben dun título honorífico.<ref>[http://www.histoire-empire.org/noblesse/grands_ducs.htm www.histoire-empire.org]</ref>.
 
==Restauración e unión ao Reino de Italia==