Carlos VI, Sacro Emperador Romano-Xermánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
Realizou unha importante labor reformadora, modernizando o Exército e aumentando os seus efectivos, favorecendo o desenvolvemento económico do país - sobre todo, a industria e a agricultura - e participando no comercio europeo. A política exterior estivo orientada a facer prevalecer o poderío de Austria, o que lle fixo enfrontarse a España en 1717-1719, participar na guerra de sucesión polaca (1733-1738) e provocar unha segunda guerra contra os turcos.
 
Favoreceu en 1733 a elección do rei de Polonia, Frederico Augusto contra Estanislao, sostido por Francia; con todo, estivo obrigado polo [[Tratado de Viena, 1735]]. de abandonar a [[Lorena]] a Estanislao e [[Nápoles]] aos Borbóns de España.
 
Con [[Hungría]] sempre se mantivo cordial. En 1713 convocou á Dieta húngara comprometéndose ante os seus delegados a gobernar segundo as leis do reino, a respectar os dereitos da nobreza e a velar pola integridade territorial. Respecto dos [[Países Baixos]], Carlos pretendeu gobernalos desde Viena, mediante o Consello Supremo dos Países Baixos, integrado polos flamencos e españois, pero isto non foi aceptado, e en 1725 volveu á vella organización tripartita: Consello de Estado, Consello privado e Consello de Finanzas.