Guerra franco-prusiana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q46083
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
A '''Guerra franco-prusiana''' que enfrontou a [[Francia]] e [[Alemaña]] e que '''significou a fundación do Segundo Reich''' ou unificación alemá, e a perda de Alsacia e Lorena e do Segundo Imperio por parte da derrotada e humillada Francia.
 
Francia e Alemaña romperon relacións pola candidatura de [[Leopoldo de Hohenzollern]], sobrinosobriño do rei de Prusia á coroa española tralo destronamento e exilio de [[Isabel II de España|Isabel II]]. [[Napoleón III]], [[emperador]] francés, temeu un cerco a Francia como nos días de [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos I]]. Esixiu a Guillerme I, [[rei]] de [[Prusia]], que interviñese para retira-la candidatura. O rei de Prusia contestou que aquilo era unha "impertinente solicitude" e enviou o famoso [[telegrama de Ems]]. Ese telegrama antes de sair de [[Berlín]], pasou polas mans do belicista chanceler de ferro [[Otto Von Bismarck]], e logo de adquirir forma máis hostíl, orixinou a ruptura de hostilidades.
 
O xeneral Moltke, man dereita de Guillerme I, invadiu [[Alsacia]] e [[Lorena (rexión)|Lorena]] e bloqueou á flor e nata do exército imperial francés na [[batalla de Sedán]] ([[Renania]], [[1870]]). O propio Napoleón III foi feito prisioneiro nesa batalla. Có emperador retido, caeu en Francia o Segundo Imperio e foi proclamada a Terceira República. O goberno republicano conseguiu milagrosamente que [[París]] non caera. En [[1871]] asinouse a [[Paz de Francfort]], na que Francia cedía a Alemaña Alsacia e Lorena. En [[Versalles]] (Francia), Guillerme I foi aclamado como Emperador de Alemaña, unificando as Confederacións do Norte e do Sur. Nacía o Segundo Reich, baixo hexemonía prusiana. Alemaña convertíase na primeira potencia continental e a segunda económica do mundo.
 
[[Categoría:Historia de Alemaña]]