Anticlericalismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 26 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q478004
m arranxiño
Liña 6:
Nun sentido estrito, o anticlericalismo é un [[laicismo]] combatente e activo que trata de manter dentro do ámbito persoal as conviccións relixiosas. As derivacións deste pensamento foron moitas: nuns casos o movemento anticlerical foi acompañado de actos violentos contra edificios relixiosos ou contra as persoas; noutros tivo un contido máis intelectual e político.
 
Aínda que o anticlericalismo existiu en todas as épocas, foi na [[Ilustración]] cando os [[Filosofía|filósofos]], como o mesmo [[Voltaire]], atacaron de forma sistemática á [[Igrexa Católica Romana|Igrexa católica]] e aos [[sacerdote]]s, sendo unha das máis claras consecuencias daqueles movementos a expulsión dos [[Compañía de Xesús|xesuítas]] en países como [[España]] e [[Francia]] entre outros. O anticlericalismo incrementouse durante a [[revolución francesa]] e continuou máis tarde coa irrupción do [[marxismo]]. En todos os casos, a defensa por parte da Igrexa dos modelos [[absolutismo|absolutistas]] ou das accións represivas contra os [[movemento obreiro|movementos obreiros]], así como a tradición de estar ao lado do poder político ou económico, foron detonantes do anticlericalismo social. As manifestacións anticlericales condenaron de forma tallante a participación da Igrexa en calquera ámbito do poder político, así como singularmente a educación.
 
[[Categoría:Relixión]]