Troponina C: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Troponino.svg|miniatura|400px|Troponina C en complexo.]]
A '''troponina C''' é unha [[proteína]] que forma parte do complexo da [[troponina]], que se encontra nos miofilamentos musculares finos (xunto coa [[actina]] e a [[tropomiosina]]) e que ten a característica de que se pode unir a ións [[calcio]]. Como resultado da unión do calcio á troponina C, os elementos que forman parte dos filamentos finos musculares experimentan unha serie de cambios [[alosterismo|alostéricos]] que permiten a interacción da [[actina]] coa [[miosina]] e que se produza a [[contracción muscular]].

Contén catro motivos estruturais de tipo [[man EF|mans EF]] para a unión ao calcio, aínda que diferentes isoformas[[isoforma]]s poden ter menos de catro subdominios de unión ao calcio funcionais. É un compoñente dos filamentos finos musculares (xunto coa [[actina]] e a [[tropomiosina]]). Contén un lóbulo N e outro C. O lóbulo C ten unha función estrutural e únese ao dominio N da [[troponina I]]. O lóbulo C pode tamén ligarse ao Ca<sup>2+</sup> ou ao Mg<sup>2+</sup>. O lóbulo N, que só se pode ligar ao Ca<sup>2+</sup>, é o lóbulo regulador, e únese ao dominio C da troponina I despois de unirse ao calcio. A letra C do seu nome fai referencia ao calcio.
 
==Tipos==
Hai dous subtipos específicos de tecido desta proteína, que son:
* Troponina C lenta ou [[TNNC1]] (codificada en [[cromosoma 3|3p21.3-p14.3]], presente no músculo esquelético de contracción lenta e no cardíaco ([[OMIM]], [https://omim.org/entry/191040 191040]).
* Troponina C rápida ou [[TNNC2]] (codificada en [[cromosoma 20|20q12-q13.11]], (OMIM [ 191039}}).