Ordenador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ok
Desfíxose a edición 3370189 de 195.57.19.99 (conversa) vandalismo
Liña 4:
[[Ficheiro:Z3 Deutsches Museum.JPG|miniatura|200px|dereita|Réplica do [[Zuse Z3]], o primeiro ordenador funcional ([[1941]])]]
 
Un '''ordenador''', putas tamén chamado '''computadora''' ou '''computador''', é unha [[máquina]] que realiza [[cálculo]]s e controla operacións expresadas en termos [[lóxica|lóxicos]] e [[número|numéricos]]. O ordenador é un sistema dixital con tecnoloxía microelectrónica, capaz de procesar datos a partir dun grupo de instrucións denominado programa. A estrutura básica dun ordenador inclúe microprocesador (CPU), memoria e dispositivos de entrada/saída (E/S), xunto ós buses que permiten a comunicación entre eles. En resumo, o ordenador é unha dualidade entre ''hardware'' (parte física) tal como: o monitor, o teclado e o disco duro, e ''software'' (parte lóxica), que interactúan entre si para unha determinada función.
 
A característica principal que os distingue doutros dispositivos similares, coma unha [[calculadora]] non programable, é que pode realizar tarefas moi diversas cargando distintos [[programa informático|programas]] na memoria para que o procesador os execute, realizando así funcións moi diversas.