Diferenzas entre revisións de «Haldan Keffer Hartline»

+táboa de contidos
(+táboa de contidos)
{{Científico
|nome = Haldan Keffer Hartline
|imaxe = HKHartline.png
|ancho_imaxe = 220px
|texto_imaxe =
|nacemento = [[22 de decembro]] de [[1903]]
|lugar_nacemento = Bloomsburg, [[Pensilvania]]
|morte = [[17 de marzo]] de [[1983]]
|lugar_morte =Fallston, [[Maryland]]
|campo = <li>[[Fisioloxía]]
|alma_mater =
|director_tese =
|alumnos_tese =
|coñecido =
|influíu =
|influído =
|premios = [[Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina]] en [[1967]]
|relixión =
|notas =
}}
'''Haldan Keffer Hartline''', nado o [[22 de decembro]] de [[1903]] en [[Bloomsburg, Pennsylvania|Bloomsburg]], [[Pennsylvania]], e finado o [[17 de marzo]] de [[1983]] en [[Fallston, Maryland|Fallston]], [[Maryland]], foi un fisiólogo [[EUA|estadounidense]], cogañador canda [[George Wald]] e [[Ragnar Granit]], en 1967 do [[Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina]] polo seu traballo de análise dos mecanismos neurofisiolóicos da visión.
 
== Traxectoria ==
Hartline empezou os seus estudos sobre electrofisioloxía da [[retina]] como un bolseiro do "National Research Council Fellow" na [[Universidade Johns Hopkins]] de [[Baltimore]]. Despois de asistir ás universidades de [[Leipzig]] e de [[Múnic]] como investigador estudante de Eldridge Johnson, alcanzou o cargo de profesor de [[biofísica]] e presidente do Departamento de Johns Hopkins en [[1949]]. Un dos estudantes graduados de Hartline na Johns Hopkins, [[Paul Greengard]], tamén gañaría despois o Premio Nobel. Hartline uniuse ao staff da [[Universidade Rockefeller]] de [[Nova York]] en [[1953]], como profesor de neurofisioloxía.
 
Hartline investigou as respostas eléctricas da retina de certos [[Artrópodo|artrópodos]], [[vertebrados]], e [[molusco|moluscos]], debido a que os seus sistemas visuais son moito máis simples que os dos [[Ser humano|humanos]] e é máis fácil estudalos. Concentrou os seus estudos no ollo do [[Cangrexo|cangarexo]] ferradura (Limulus polyphemus). Usando eléctrodos de minute nos seus experimentos, obtivo o primeiro rexistro dos impulsos eléctricos enviados por unha simple fibra de nervio óptico cando os receptores conectados a esta son estimulados por luz.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
5.946

edicións